Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

CULTURA

Autorización para ampliación de horario durante as festas patronais

AUTORIZACIÓN PARA AMPLIACIÓN DE HORARIO DURANTE AS FESTAS PATRONAIS

O Concello vén de emitir unha circular na que se informa aos itulares de BARES, CAFÉS-BARES e HOSTALERÍA en xeral, que logo de ter solicitado á Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza unha ampliación de horario para os locais de hostalería en xeral con motivo das Festas Patronais-2018, foi CONCEDIDA a ampliación dunha hora para os locais de hostalería e os espectáculos públicos de Cedeira, dende o día 10 ao 17 de agosto de 2018.

Pode consultar a circular íntegra na seguinte ligazón:


VER PDF Circular de autorización para ampliación de horario durante as festas patronais

Juana Cheda, Josefa Nebril e Josefa Leonardo son as pregoeiras das festas que arrincan o venres

JUANA CHEDA, JOSEFA NEBRIL E JOSEFA LEONARDO SON AS PREOGOEIRAS DAS FESTAS QUE ARRINCAN O VENRES

Só faltan dous días para o inicio oficial das festas de Cedeira, celebracións que se prolongarán por espazo dunha semana nunha vila na que xa hai moita presenza de visitantes, segundo apuntan desde o Concello.

O punto de partida será, este venres, a lectura do pregón que este ano estará a cargo Juana Cheda, Josefa Nebril e Josefa Leonardo, tres dirixentes da Asociación de Maiores de Cedeira. A entidade representa os intereses dos maiores de Cedeira, conta con 70 socios e e ten a súa sede na segunda planta do auditorio municipal.

O acto está previsto para ás 20.00 horas. O público ocupará a praza do Concello e as tres mulleres falarán desde o balcón da Casa do Concello no que estarán acompañadas de responsables do executivo local.

Durante a súa intervención, as mulleres tratarán de reavivar a memoria colectiva dos cedeirenses lembrando a riqueza patrimonial que deu lugar á Cedeira actual, chea de recursos e posibilidades tanto no social como no económico, e en continuo progreso. Juana Cheda como a Josefa Nebril e Josefa Leonardo iniciarán un diálogo entre elas, con moita sorna, para crear un ambiente divertido como inicio das festas patronais.

A continuación, o grupo Troula Animación protagonizará o primeiro pasarrúas e a Asociación de Comerciantes do Casco Vello organiza o concerto que, a partir das 23.00 horas, terá lugar na praza da Marieta e correrá a cargo da formación musical Novo Plan.

A Semana Infantil anuncia as festas patronais que darán comezo o próximo venres

A SEMANA INFANTIL ANUNCIA AS FESTAS PATRONAIS QUE DARÁN COMEZO O PRÓXIMO VENRES

As festas patronais, que Cedeira está a vivir entre o día 10 e 17 do presente mes, teñen como adianto a Semana Infantil que arrincará o próximo luns e que ata o xoves (día 9) terán como escenario a praza Roxa, a partir das 10.30 horas.

A primeira xornada estará dedicada ao atletismo, polo que os nenos e nenas terán que superar probas de velocidade, resistencia, remuda, xavelina e peso.

Ao día seguinte, martes 7, os participantes deberán demostrar a súas habilidades en competicións como a de tiro de corda e a de“silla”. Son os denominados “Xogos dos Avós”.

O humor chegará á Semana Infantil coa celebración o mércoles de carreiras de sacos, de ovo e culler. Pola tarde, o pavillón polideportivo acollerá os últimos partidos da competición de fútbol sala, promovida polo Concello, que este ano chega a súa trixésima quinta edición. Os primeiros encontros darán comezo ás 18.00 horas.

O xoves, día 9, a actividade trasladarase á praia da Madalena coa celebración do tradicional concurso de castelos na area.