Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Author: Ana

Aberto o prazo para solicitar as bonificacións e beneficios fiscais do IBI e da taxa do lixo

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AS BONIFICACIÓNS E BENEFICIOS FISCAIS DO IBI E DA TAXA DO LIXO

O Concello de Cedeira informa da apertura de prazos para solicitar as bonificacións no IBI e na taxa do lixo para familias numerosas.

Pode consultar toda a información ao respecto destas solicitudes nos servizos sociais municipais. Os prazos e as ordenanzas reguladoras son:

      • Bonificación na taxa do IBI para familias numerosas

Prazo de solicitude: antes do 31 de marzo.
Pode consultar a ordenanza vixente que regula esta bonificación na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Ordenanza fiscal do imposto de bens inmobles (Artigo 8)

      • Bonificación na taxa do lixo para familias numerosas e outros colectivos

Prazo de solicitude: antes do 31 de marzo.
Pode consultar a ordenanza vixente que regula esta bonificación na seguinte ligazón:
IR Á LIGAZÓN Ordenanza fiscal reguladora da taxa por recollida de residuos (Artigo 4)

A compañía Galitoon pecha o sábado o ciclo Teatro Familiar coa obra “Güela Güela”

A COMPAÑÍA GALITOON PECHA O SÁBADO O CICLO TEATRO FAMILIAR COA OBRA “GÜELA GÜELA”

A vila de Cedeira despedirá este sábado (día 16) o ciclo Teatro Familiar coa representación da obra “Güela Güela” no auditorio municipal.

A función, que dará comezo ás 18.00 horas, correrá a cargo da compañía Galitoon, da que forman parte Chisco Casteleiro, Ana Conca, Vicky Pérez e Belén González.

O prezo das entradas é de 2,5 euros e as localidades poderanse adquirir ese mesmo día na billeteira do auditorio.

Trátase dun espectáculo de monicreques que ten como protagonista a unha pequena cegoña, chamada Güily. Na obra reálzase o valor da amizade, da solidariedade e da familia. É unha historia chea de diversión, humor e música.