A Recollida de residuos voluminosos ou perigosos realízase a través dun servizo de recollida mixto no Concello de Cedeira.

PUNTO LIMPO

Polígono de A Xunqueira

Mércores de 15.30h a 19.30h e sábado de 10.00h a 14.00h

665571544

É unha instalación en funcionamento dende 1999, onde poden depositarse de xeito gratuíto aqueles residuos que polo seu gran volume ou pola súa perigosidade, deben recibir un tratamento especial, evitando así o seu verquido incontrolado. Ten que tratarse de residuos xerados por particulares que vivan no noso concello e nunca de orixe industrial.

Os residuos que se poden entregar no punto limpo son:

  • VOLUMINOSOS, que polo seu tamaño non entran nos colectores normais : sofás, colchóns, mobles,etc.
  • RESIDUOS PERIGOSOS: aceites de coches, lacas, pinturas, vernices, fluorescentes, radiografías, aerosoles, todo tipo de electrodomésticos, baterías, etc, que son remitidos en transportes debidamente autorizados a diversas instalacións para o seu tratamento,reciclaxe ou incineración.
  • PLÁSTICOS AGRÍCOLAS procedentes de invernadoiros, silos, etc.
  • RESTOS DE PODAS
  • RESIDUOS PROCEDENTES DE PEQUENAS OBRAS REALIZADAS NO DOMICILIO

RECOLLIDA NA VIVENDA

Venres de 10.00h a 14.00h

665571544

Os enseres ou residuos que non se leven ao Punto Limpo, deben depositarse nun lugar próximo ao domicilio os xoves pola noite, previa chamada ao teléfono indicado.