O Concello de Cedeira dispón de estupendos parques e xardíns para esparcimento e solaz da veciñanza:

  • A praza do Sagrado Corazón, que todo o mundo na vila coñece como a Praza Roxa

    Ubicada en pleno centro do casco urbano sobre unha zona areeira que non era outra cousa que a prolongación da propia praia da Madalena, é hoxendía o lugar onde teñen lugar (ou rematan nel) a gran maioría dos espectáculos multitudinarios que acontecen ao longo do ano ao aire libre.

    Futuras melloras previstas:

    • Apertura da fronte da mesma para que poidan acceder a ela os enormes camións que traen a maioría das orquestras ao longo do verán, pero sobre todo para facilitar o acceso de vehículos de emerxencia como poden ser os de bombeiros. Para iso cómpre eliminar os colectores soterrados (fonte de numerosos problemas polas frecuentes inundacións) e sustituílos por outros en superficie.
    • Corrección das deficiencias do parque infantil, sobre todo no referente ao “bordillo¨ que o circunvala, así como a mellora do alumeado máis próximo a el.
    • A máis longo prazo e previo concurso de ideas, preténdese a remodelación da zona levantada polas raíces do arbolado.

    Para ver as fotografías da Praza Roxa faga clic na seguinte ligazón:

    VER GALERÍA PRAZA ROXA

  • A Área Recreativa da Madalena ou parque da Revolta

    Un auténtico tapón para o sistema dunar, amplísima  e cada vez máis concorrida, que discurre en paralelo ao areal do mesmo nome, na que se atopa unha pista multiusos, circundada por un graderío ou anfiteatro.

    Futuras melloras previstas:

    • O parque infantil xa existente vaise dotar dun columpio multiusos, algún xogo adaptado a nen@s con discapacidade e unha pista de skate.
    • A renovación do parque biosaudable
    • A mellora do alumeado.

    Para ver a galería de fotos do Parque da Revolta faga clic na seguinte ligazón:

    VER GALERÍA PARQUE DA REVOLTA

  • A Praza do Floreal

    Ubicada sobre o que no seu día se asentaba o Parque Pista Floreal, de merecida sona en toda a bisbarra.

    Trátase dun espazo coqueto e recollido, , no que tamén se realizan actividades de lecer en momentos puntuais do ano.

    Futuras melloras:

    • Pintado da pista de baloncesto cunhas novas canastas.

    Para ver a galería da Praza do Floreal faga clic na seguinte ligazón:

    VER GALERÍA PARQUE FLOREAL

  • A área de ocio e descanso do Parque do Romeiro

    Situada ao final da rúa Ortigueira, a rentes do paseo fluvial, río arriba, nunha zona que estaba moi degradada e que foi mellorada sustancialmente en anos anteriores.

    Futuras melloras:

    • Renovación do parque biosaudable
    • Acondicionamento do entorno da estación de bombeo
    • Construción dun amplo merendeiro de madeira
    • Novo alumeado do paseo  fluvial nas dúas marxes do rio a partires da ponte de madeira.

    Para ver a galería de fotos do Parque do Romeiro faga clic na seguinte ligazón:

    VER GALERÍA PARQUE ROMEIRO

  • O Xardín da Rúa dos Mariñeiros

    Situada ao longo de dita rúa, é un dos máis recientes de Cedeira (non ten máis de 30 anos) localizado en terreos antes marítimos e no que poden contemplarse preciosas vistas da Praia da Madalena e a desembocadura do Río Condomiñas.

    Para ver a galería de fotos do Xardín dos Mariñeiros faga clic na seguinte ligazón:

    VER GALERÍA XARDÍN DOS MARIÑEIROS

  • Zona Portuaria

    Aparte destas zonas axardinadas dependentes do Conello, existe outro área, ubicada en terreos de propiedade e xestión da Autoridade Portuaria

    Para ver a galería de fotos da Zona Portuaria faga clic na seguinte ligazón:

    VER GALERÍA ZONA PORTUARIA