O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Cedeira atópase no primeiro andar da Casa do Concello (Rúa Real nº 15) e está dirixido polo Concelleiro delegado Camilo Casal García.

Desde este departamento coordínanse todos os asuntos relativos ás xestións para o mantemento e limpeza dos terreos de propiedade municipal, o control das actividades de saca de madeira e a promoción de programas para a conservación e mellora do medio ambiente.