No Concello de Cedeira, calquera persoa pode interpoñer denuncia pola falta de coidado e limpeza de fincas que poidan ocasionar perigro de incendio, e supoñan un incumprimento por parte dos propietarios da obriga de mantener os terreos en condicións adecuadas de seguridade, salubridade e ornato público.

Pode descargarse a instancia a cubrir nas seguintes ligazóns:


VER PDF Instancia denuncia limpeza de fincas


DESCARGA WORD Instancia denuncia limpeza de fincas

As denuncias poderán presentarse por Rexistro presencial ou a través do Rexistro electrónico:

Casa do Concello, Rúa Real nº 15

De luns a venres 9.00h a 14.00h; sábados de 10.00h a 13.00h

As denuncias presentadas, darán lugar a informe técnico municipal, que valorará a situación en función da lexislación vixente.

Nas seguintes ligazóns pode consultar as leis que regulan a limpeza de fincas:

IR Á LIGAZÓN Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

IR Á LIGAZÓN Ley 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia