O Concello ofrece cursos preparatorios para a obtención dos CELGA 2 e 4
O CONCELLO OFRECE CURSOS PREPARATORIOS PARA A OBTENCIÓN DOS CELGA 2 E 4
A Secretaria Xeral de Política Lingüística vén de convocar as probas para a obtención dos CELGA 2 e 4. Cómpre lembrar que o prazo de inscrición remata o 4 de outubro.
Por mor deste anuncio, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cedeira vai ofrecer cursos preparatorios para a obtención destes certificados de competencia en lingua galega.
As persoas interesadas en recibir esta formación deben escribir ao seguinte enderezo electrónico: normalizacion@cedeira.es . O asunto da mensaxe debe ser “cursos CELGA”. É preciso tamén indicar nome, DNI, data e lugar de nacemento, idade e preferencia horaria (mañá ou tarde).