Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Palacete acolle a exposición de alumnos da escola municipal de pintura

O PALACETE ACOLLE A EXPOSICIÓN DE ALUMNOS DA ESCOLA MUNICIPAL DE PINTURA

Ata o día 6 de outubro estará aberta ao público a exposición de pintura na que se pode ver unha colección de 46 obras realizadas polos alumnos e alumnas da escola municipal que ten á fronte a Andrés Urrutia. O Palacete Municipal (avenida Castelao, nº19) acolle desde esta semana unha mostra na que se dan a coñecer os traballos realizados polos alumnos durante o pasado curso. Trátase de obras de moi diferente temática e “sorprendentes”, segundo apuntou o profesor.

A exposición pódese visitar de luns a venres de 9.00 a 14.30 e de 16.00 a 20.00 horas, e os sábados de 10.00 a 14.00 horas. A escola municipal de pintura está en marcha desde os primeiros días do presente mes. Ademais das clases que se están a impartir na vila de Cedeira tamén se levan a cabo nas parroquias de Montoxo e Santalla, ás que, en cuestión de días, se sumarán as que se dan aos alumnos do CEIP Nicolás del Río. En todos os casos é unha actividade promovida e financiada polo Concello de Cedeira.