Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PERSOAL E FACENDA

O 1 de xaneiro entra en vigor a nova ordenanza de I.B.I.

O 1 DE XANEIRO ENTRA EN VIGOR A NOVA ORDENANZA DE I.B.I.

Logo da recente publicación no BOP da aprobación definitiva da nova ordenanza do IBI, esta será de aplicación desde o 1 de xaneiro de 2018.

O Concello baixa o IBI de vivendas urbanas e propiedades rústicas, pasando o primeiro do 0,50 % ao 0,48 % e nas propiedades rústicas do 0,46 % ao 0,42 %. Inclúese tamén unha nova bonificación para os bens inmobles que teñan instalados sistemas para o aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía procedente do sol, que terán unha reducción do 50% da cota íntegra do imposto o primeiro ano e un 25% o segundo ano.

Pode consultarse o novo texto aprobado da ordenanza fiscal dreguladora deste imposto na seguinte ligazón ao Portal de Transparencia municipal:

IR Á LIGAZÓN Ordenanzas e regulamentos do Portal de Transparencia

Pode consultar o anuncio da aprobación definitiva no BOP, na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Anuncio aprobación definitiva de ordenanza fiscal

Cedeira diminúe a presión fiscal sobre as familias rebaixando os tipos de gravame

CEDEIRA DIMINÚE A PRESIÓN FISCAL SOBRE AS FAMILIAS REBAIXANDO OS TIPOS DE GRAVAME

Tres foron os asuntos aprobados por unanimidade polo pleno de Cedeira celebrado o pasado martes, o que leva ao equipo de goberno a pensar que “debemos estar facendo algo ben o noso traballo para que ata a oposición vote a prol das nosas propostas, tal e como está a suceder nas últimas sesións plenarias”. A desta semana tiña carácter extraordinario.

No primeiro punto, a corporación tomou o acordo de aprobar a resolución pola que o goberno local garante unha achega provincial, por importe de 158.806,51 euros, con cargo ao POS 2017 para acometer obras de saneamento nas rúas Paz, Silva e Floreal. Trátase de intervencións incluídas no plan municipal de mellora da rede de saneamento e cuantificado en 1,1 millóns de euros ata o ano 2018.

O segundo asunto foi o relativo á política fiscal coa que o goberno municipal trata de reducir a presión sobre as familias a raíz do “catastrazo do ano 2013”. “Un erro que agora está a recoñecer o PP ao votar a prol de reducir os tipos de gravame dos inmobles urbanos e rústicos para tratar de compensar a suba dos valores catastrais”, segundo se apuntou desde o executivo cedeirense. Así, no caso das vivendas urbanas, o tipo pasará do 0,50% ao 0,48% e, no das propiedades rústicas, queda no 0,42% cando antes estaba no 0,46%.

Por último, a corporación tamén aprobou o cambio de uso da propiedade que dará lugar á ampliación da escola infantil, unha decisión coa que “se dá carpetazo definitivo a todo que que tiña que facer o Concello de Cedeira”, segundo o equipo de goberno. O acordo recoñece como uso principal o de equipamento sanitario asistencial e como complementario o de equipamento sociocultural. Os responsables municipais entenden que agora lle toca ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar seguir avanzando na realización do proxecto para que Cedeira poida ter as prazas de gardería que realmente necesita. “Nós xa fixemos o que tiñamos que facer para que a ampliación da escola infantil se poida levar a cabo”, apuntan.

Proposta de modificación da ordenanza 1.1 reguladora do Imposto de bens inmobles

PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA ORDENANZA 1.1 REGULADORA DO IMPOSTO DE BENS INMOBLES

A efectos do disposto no art. 133 da Lei 39/2015, do Procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a proposta de modificación da ordenanza do IBI, para o seu coñecemento por parte da cidadanía así como para que teñan a posibilidade de trasladar a súas opinións e aportacións.

Pode consultar e descargar o texto da modificación na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Proposta de modificación da ordenanza 1.1 reguladora do Imposto de bens inmobles (PDF)

IR Á LIGAZÓN Proposta de modificación da ordenanza 1.1 reguladora do Imposto de bens inmobles (WORD)

Pode acceder ao buzón de suxestións na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Buzón de suxestións