Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Trámites para a solicitude do certificado de empadronamento

No Real Decreto Lei 8/2020, establécense medidas para acceder á moratoria do pago de débeda hipotecaria para a compra de vivenda habitual. Para acollerse a esta moratoria, solicítase aos cidadáns interesados un Certificado de Empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores. A tramitación de certificados de empadroamento para solicitar a citada moratoria no pago de cotas hipotecarias de colectivos vulnerables realízase no concello.

As persoas interesadas en tramitar este certificado poden facelo por dúas canles:

  • A través da sede electrónica do Concello no caso de que a persoa solicitante dispoña de certificado dixital ou DNI electrónico. Pode iniciar a tramitación na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Sede electrónica do Concello. Trámitación do certificado de empadronamento

  • A través do correo electrónico: no caso de non disponer de certificado dixital ou DNI electrónico, pode realizarse a solicitude do certificado no correo electrónico: correo@cedeira.gal enviando toda a documentación requerida dependendo das circunstancias persoais da unidade familiar:
    • Copia dun documento acreditativo da identidade do solicitante (DNI, Pasaporte…).
    • Se o certificado que se solicita é colectivo deberanse enviar polo mesmo sistema copias dos documentos acreditativos da identidade de todos os empadroados no domicilio. Para os menores de idade deberase achegar copia do certificado de nacemento ou do libro de familia.
    • Escrito asinado polo solicitante indicando unha serie de datos como, por exemplo, o nome e apelidos, dirección de empadroamento no municipio, o nome e apelidos dos demais empadroados no domicilio para certificados colectivos, dirección do correo electrónico, motivo da solicitude, teléfono de contacto…; co obxectivo de aumentar as garantías na comprobación da súa identidade e de non facilitarlle na certificado información que el non dese previamente.
    • No caso de certificados colectivos, un escrito asinado por todas as persoas maiores de idade empadroadas no domicilio autorizando ao solicitante do certificado.