Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SUBVENCIÓN PARA CONTRATACIÓN DUN TÉCNICO DEPORTIVO NO CONCELLO DE CEDEIRA- 2022

Como xa ven sendo habitual ano tras ano, a área de Deportes do Concello de Cedeira dispón de Técnico Deportivo no Polideportivo Municipal contratado a través da adxudicación dun contrato á empresa Move Proyectos e Inversiones SL.

O Técnico Deportivo é a persoa encargada de funcións como: coordinación na programación, organización de actividades deportivas; así como a dinamización da actividade deportiva como a xestión de inscripcións, colaboración nas actividades organizadas polo concello (carreiras poulares, festivais..) Tamén realización da planificación deportiva anual ou outras labores administrativas no Polideportivo.

Dita contratación está financiada en parte coa subvención da Deputación da Coruña para contratación ou mantemento de persoal Técnico nos servizos municipais de deporte en 2022.