Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Resolución pola que se aproban as medidas extraordinarias en relación cos procedementos tramitados pola área tributaria da Deputación Provincial da Coruña

Don Valentín González Formoso, Presidente da Deputación Provincial da Coruña

Tralo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID- 19, modificado polo RD 465/2020, de 17 de marzo e trala aprobación do Real Decreto-Ley 8/2020, de 17 de marzo, de medidas urgentes extraordinarias para hacer frente al impacto económico y social del COVID-19,

RESOLVO:

A prioridade absoluta en materia económica é protexer o tecido produtivo e social da provincia e minimizar o seu impacto nas empresas e nos particulares, tratando que os efectos negativos desta crise sexan transitorios.

A estes efectos, apróbanse as medidas seguintes en materia de tributos e demais ingresos públicos xestionados pola Deputación:

1º) O inicio da primeira voluntaria (IVTM e Taxas diversas) se postpón ata despois do 30 de abril de 2020. As datas concretas fixaranse no seu momento.

2º) Ata o 30 de abril de 2020:

– Non se dictarán providencias de apremio

– Non se practicarán embargos

– Non se autorizarán nin celebrarán subastas.

– Non se executarán garantías

-Suspéndense a tramitación de expedientes de aprazamento e fraccionamento.

Abriranse expedientes das solicitiudes que entren, suspenderanse os valores e prepararanse os requerimentos de documentación Non se realizarán as propostas ata despois do 30 de abril.

– Non se practicarán notificacións ata despois do 30 de abril.

3º) Para os procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto-Ley 8/2020, é dicir, iniciados con anterioridade ao 18 de marzo de 2020, suspenderase o cómputo do prazo de duración dos mesmos dende o 18 de marzo de 2020 ata o 30 de abril de 2020.

4º) O período comprendido entre o 18 de marzo e o 30 de abril de 2020 non computará a efectos dos prazos de caducidade e dos prazos de prescrición do artígo 66 da Lei Xeral Tributaria.

5º) Os prazos para a presentación das declaracións e autoliquidacións tributarias non se ven afectados por esta suspensión de prazos.

6º) Para as liquidacións, autoliquidacións, providencias de apremio e demais actos da Área que dean lugar a un pago e que xa estiveran notificados e non houbese concluido os prazos de pago previstos nos apartados 2 e 5 do artigo 62 da Lei 58/2003, de 17 de diciembre, Xeral Tributaria, con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto-Ley 8/2020 (18 de marzo de 2020), ampliaranse ata o 30 de abril. A tal efecto, se as cartas de pago estiveran caducadas, se lles facilitarán outras novas.

7º) Non se cargarán en conta as ordes de domiciliacións dos prazos e fraccións dos aprazamentos e fraccionamientos xa concedidos, ata o 5 de maio de 2020..

8º) Os prazos para atender os requerimentos, dilixencias de embargo e solicitudes de información con trascendencia tributaria, para formular alegacións ante actos de apertura do dito trámite ou de audiencia, ditados en procedementos de aplicación dos tributos, sancionadores ou de declaración de nulidad, devolución de ingresos indebidos, rectificación de errores materiais e de revogación, que houberan sido comunicados e non estiveran concluidos con anterioridade á entrada en vigor do Real Decreto-Ley 8/2020 (18 de marzo de 2020) prolónganse ata o 30 de abril.

Para aqueles casos en que estes prazos houbesen sido comunicados con posterioridade á entrada en vigor do Real Decreto-Lei 8/2020 (18 de marzo de 2020), ampliaranse ata o 20 de maio.

9º) Se o obrigado tributario, no entanto, a posibilidade de acollerse á ampliación dos prazos dos apartados anteriores ou sen facer reserva expresa a ese dereito, atendese ao requirimento ou solicitude de información con transcendencia tributaria ou presentase as súas alegacións, considerarase cumprido o trámite.

10º) Aos sos efectos do cómputo dos plazos previstos no artigo 66 da Lei 58/2003, de 17 de diciembre, Xeral Tributaria, nos recursos de reposición, entenderanse notificadas as resolucións que lles pongan fin cando se acredite un intento de notificación da resolución, entre a entrada en vigor do Real Decreto-Lei 8/2020 (18 de marzo de 2020) e o 30 de abril de 2020.

O prazo para interpoñer recursos frente a actos tributarios, non se iniciará ata concluído o dito período, o ata que se teña producida a notificación nos termos da Sección Tercera del Capítulo II del Título III da Lei 58/2003, de 17 de decembro Xeral Tributaria, se esta última se producira con posterioridade a aquel momento.

11º) O período comprendido dende o 18 de marzo de 2020 ata o 30 de abril de 2020 non computará a efectos da duración máxima dos procedementos de aplicación dos tributos, sancionadores e de revisión tramitados pola Deputación, aínda que durante este período poderá ésta impulsar, ordear e realizar os trámites imprescindibles.

12ª) A atención ao contribuínte realizarase a través de correo electrónico na dirección atencion.tributaria@dacoruna.gal e, subsidiariamente, a través do teléfono gratuito 900 132 204.

Lémbrase que os contribuíntes poderán facer xestións e consultas a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación.