Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Reabre a biblioteca municipal López Cortón

Mañá, xoves 21, reabre a biblioteca municipal López Cortón cumprindo con todas as normas exixidas de hixiene e seguridade.
Os servizos dispoñibles agora mesmo son os de préstamo e devolución de libros.
As salas de lectura, ordenadores e os aseos permanecerán pechados aos usuarios.

Para realizar os servizos dispoñibles os usuarios accederán de un en un, dous se son un menor acompañado dun adulto, ao edificio da biblioteca (dispoñemos de xel hidroalcóholico na entrada), tendo que esperar no exterior o resto de usuarios, gardando a distancia social de seguridade.

Recoméndase a cita previa a través do teléfono 981 482 897.

Os libros devoltos permanecerán en período de corentena de 14 días ata volver a estar a disposición dos usuarios/as.