Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Programación de verán do Concello de Cedeira

O Concello de Cedeira diseñou un programa específico adaptado ás circunstancias actuais pola COVID-19 que abarca cinema de verán, espectáculos infantís e concertos. O programa estenderase ata principios de setembro.

Na seguinte ligazón pódese descargar a programación completa de verán 2020

Descarga Programación de verán do Concello de Cedeira

En todos os espectáculos poñerase cadeiras a disposición das persoas asistentes, que serán saneadas previamente.

Aquelas persoas que non convivan xuntas terán que sentarse gardando a distancia de seguridade obrigatoria. Esta obligación é tamén para as nenas e nenos polo que recomendamos aos pais/nais que asistan aos espectáculos con eles.

O uso de máscara é obrigatorio tanto na entrada e saída da zona de cadeiras como nos desprazamentos que se fagan nesa zona. Unha vez estemos na nosa localidade poderemos retirar a máscara.

En caso de choiva, aqueles espectáculos que permitan a súa realización en interior trasladaranse ao auditorio municipal, asignando localidades ata cubrir a ocupación máxima actual.

Manter as medidas de precaución é fundamental para protexernos.