Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PROCESO DE SELECCIÓN E CONTRATACIÓN DE XERENTE GALP A MARIÑA-ORTEGAL

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal, convoca o proceso de selección de persoal para a cobertura dun posto de Xerente para a aplicación da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP 2014-2020).

As condicións e requisitos pódense consultar nas bases que regularán este proceso de selección, que estarán dispostas na páxina web https://galp.xunta.gal/, ou chamando o teléfono: 982 242 309 en horario de 09:30 a 14:00 horas ou de 17:00 a 19:00 de luns a venres.

As solicitudes serán presentadas no prazo máximo de 15 días hábiles contados dende a última publicación nos medios indicados na Base Cuarta, debendo realizarse segundo o modelo que se xunta como Anexo I ás Bases, nas oficinas de LUCUS LEX ABOGADOS, S.L.P., sito en San Roque, 26 de Lugo (27002)en horario de luns a venres, de 09:30 a 14:00 horas ou de 17:00 a 19:00.