Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

A OFICINA DE TURISMO DE CEDEIRA RECIBIU DE XULLO A SETEMBRO UN TOTAL DE 5.000 VISITANTES

A Oficina de Turismo de Cedeira recibiu durante os meses de xullo, agosto e setembro un total de 5.000 visitantes, unha cifra que mantén a curva ascendente dos últimos anos e que confirma as boas impresións que deixou o ambiente bulideiro e festivo deste verán na vila. O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, valorou a repercusión que o turismo ten na economía local e subliñou o feito de que a oferta estea a “medrar e mellorar”, cuantitativa e cualitativamente, con elementos como o xacemento de Castro Sarridal, as antigas cetarias, os roteiros Descobre Cedeira, a vía ferrata… “Cedeira conta de sempre con praia, paisaxes extraordinarias e unha gastronomía excepcional, atractivos que se conxugan e complementan con novas propostas relacionadas coa historia e a nosa cultura, con innovadoras alternativas de turismo activo e cun programa de festas e actividades con alternativas para todas as idades”, comentou.

A Oficina de Turismo situada no Palacete Municipal recibiu a 1.650 persoas no mes de xullo, a 2.700 en agosto e a 650 no pasado setembro. Destacou o turismo nacional, como é habitual, e especialmente o procedente de Madrid, seguido polo do País Vasco e Cataluña. Destacou tamén o número de visitantes chegados de cidades como Zaragoza, Burgos, Valladolid e Toledo. Observaron tamén no servizo un maior número de viaxeiros chegados de Andalucía que en anos anteriores. Aproximadamente un 5% do total eran extranxeiros. Entre eles o grupo maioritario é o que procede de Francia, seguido de Inglaterra e a continuación Alemania, Austria, Suiza, Italia, Irlanda e países de América del Sur.

No servizo de atención ao visitante sentiuse o “efecto Rapa”, un bo número de xente que preguntaba polos lugares nos que se rodou a serie ou que recoñecía os escenarios. A ruta polos cantís de Herbeira e Santo André de Teixido son os puntos de visita obrigada para a maioría das persoas que visitan a zona. No núcleo do emblemático santuario recuperouse o ritmo de visitas normais de antes de pandemia, tanto de xentes que chegan co seu vehículo particular como de autobuses con grupos procedentes de todas as comunidades. O conxunto viviu durante todo o verán o bulicio propio do trasego constante de visitantes, con especial intensidade a partir de agosto.

A península do Sarridal consolidou e incrementou o seu atractivo neste verán, tanto polo xacemento arqueolóxico como pola recuperación das antigas cetarias –sobre as que se estreou un espectacular miradoiro- e polo Castelo da Concepción. A fortaleza reabriu nos últimos días de xullo coa exposición sobre a historia da localidade durante os séculos XVIII e XIX, que xa existía, e coa mostra de interpretación dos achados nas escavacións do Castro Sarridal. En total, durante eses últimos días de xullo, o mes de agosto e o de setembro, o castelo recibiu 2.282 visitas.

Destacou este ano a nova oferta de turismo activo que conforma a vía ferrata Senda do Santo, pola que pasaron unhas 1.500 persoas. É esta outra oferta diferencial, única en Galicia, que atrae un perfil de turista diferente. E remou tamén a favor o proxecto de Xeoparque e as súas Xeorrutas, que de novo contaron cunha acollida extraordinaria e que levaron a centos de persoas a coñecer, da man do xeólogo Fran Canosa, as condicións xeolóxicas únicas do litoral cedeirés.

De novo este verán o Concello organizou as rutas do programa “Descobre Cedeira”, percorridos guiados e gratuítos para coñecer os lugares máis emblemáticos da vila mariñeira. En total, 137 persoas inscribíronse nestas andainas, entre as que tivo particular éxito a de Pedra Chantada, que se desenvolveu por primeira vez este ano e que discorría pola Capelada, con parada en varios dos seus miradoiros e no curro