Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PRIMEIRA SESIÓN DO PROGRAMA DE AUTO-CINE XURDIDO AO ABEIRO DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

A zona do parque San Isidro, no Camiño Real de Cedeira, acollerá hoxe ás 22.30 horas a primeira sesión do programa de auto-cine xurdido ao abeiro dos primeiros orzamentos participativos do Concello. É unha das dúas películas elixidas polo alumnado de 4º da ESO do IES Punta Candieira, que durante o pasado curso propuxeron, debatiron e votaron o destino dunha partida de 20.000€ dos fondos municipais.

Os rapaces e rapazas votaron pola comedia “Cuñados”, unha película dirixida por Toño López e protagonizada por Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez que promete moitas gargalladas. As portas abriranse ás 21.00 horas e o espazo ocuparase por orde de chegada.

A próxima película que formará parte deste ciclo de auto-cine é “El Viaje de Chihiro”, un longametraxe de animación, e o pase será en agosto.