O Concello de Cedeira dispón de estupendos parques e xardíns para divertimento e solaz da veciñanza:
PARQUES E XARDÍNS
Situada en pleno centro do casco urbano sobre unha zona areeira que non era outra cousa que a prolongación da propia praia da Madalena, é onde ten lugar (ou onde rematan) a gran maioría dos espectáculos multitudinarios ao aire libre que acontecen ao longo do ano.
Futuras melloras previstas:
- Apertura da fronte para que poidan acceder a ela os enormes camións que traen a maioría das orquestras ao longo do verán, pero sobre todo para facilitar o acceso de vehículos de emerxencia como os das ambulancias e os de bombeiros. Para isto cómpre eliminar os colectores soterrados (fonte de numerosos problemas polas frecuentes inundacións) e substituílos por outros en superficie.
- Corrección das deficiencias do parque infantil, sobre todo no referente ao bordo que o circunvala, así como a mellora do alumeado máis próximo.
- A máis longo prazo e previo concurso de ideas, preténdese a remodelar a zona levantada polas raíces do arboredo.
Para ver as fotografías da Praza Roxa faga clic na seguinte ligazón:
Un auténtico tapón para o sistema dunar. Amplísima e cada vez máis concorrida, discorre en paralelo ao areal do mesmo nome. Conta cunha pista multiusos e está circundada por unha bancada ou anfiteatro.
Futuras melloras previstas:
- O parque infantil xa existente vaise dotar dun cinguangua multiusos, algún xogo adaptado a nenos/as con discapacidade e unha pista de skate.
- A renovación do parque biosaudable.
- A mellora do alumeado.
Para ver a galería de fotos do Parque da Revolta faga clic na seguinte ligazón:
Emprazada sobre o que no seu día se asentaba o Parque Pista Floreal, de merecida sona en toda a bisbarra.
Trátase dun espazo coqueto e recollido no que tamén se realizan actividades de lecer en momentos puntuais do ano.
Futuras melloras:
- Pintado da pista de baloncesto e instalación de novas canastras.
Para ver a galería da Praza do Floreal faga clic na seguinte ligazón:
Situada ao final da rúa Ortigueira, a rentes do paseo fluvial, río arriba, nunha zona que estaba moi degradada e que foi mellorada substancialmente en anos anteriores.
Futuras melloras:
- Renovación do parque biosaudable.
- Acondicionamento da contorna da estación de bombeo.
- Construción dun amplo merendeiro de madeira.
- Novo alumeado do paseo fluvial nas dúas marxes do río a partir da ponte de madeira.
Para ver a galería de fotos do Parque do Romeiro faga clic na seguinte ligazón:
Situado ao longo desta rúa, é un dos máis recentes de Cedeira (non ten máis de 30 anos). Está localizado en terreos gañados ao mar e desde el poden contemplarse as fermosas vistas da Praia da Madalena e a desembocadura do Río Condomiñas.
Para ver a galería de fotos do Xardín dos Mariñeiros faga clic na seguinte ligazón:
Ademais destas zonas axardinadas dependentes do Concello, existe outra área, emprazada en terreos de propiedade e xestión da Autoridade Portuaria.
Para ver a galería de fotos da Zona Portuaria faga clic na seguinte ligazón: