Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello pon a disposición dos comercios da vila material de protección individual

Desde o Concello queremos mandar unha mensaxe de ánimo a todas aquelas persoas da nosa vila que vaian retomar a súa actividade próximamente, e queremos tamén colaborar con eles na súa protección individual e na dos seus clientes, polo que poñemos un correo e teléfono a súa disposición para que contacten con nós e poidamos proporcionarlles material.

Debemos incidir no feito de que mercar nos negocios locais é unha inversión no benestar do noso pobo e animámos a toda a veciñanza a que, sempre que sexa posible, merque no comercio da nosa vila.

Paso a paso iremos saíndo desta situación e chegaremos a bo porto.