Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello distribuirá mascarillas hixiénicas reutilizables

Desde o 26 de abril, nenas, nenos e adolescente de ata 14 anos xa poden saír a rúa a pasear e xogar, unha vez ao día, durante unha hora, nun entorno de máximo un kilómetro arredor da súa casa.

O concello adquiriu mascarillas hixiénicas reutilizables infantís que, coa inestimable colaboración de Protección Civil de Cedeira, iranse distribuíndo polas casas das nenas e nenos de 3 a 12 anos como medida auxiliar á prevención do contaxio da Covid19.

Estas mascarillas están elaboradas con material segundo a especificación UNE.

Coas mascarillas acompáñase un manual de uso.