Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Concello ofrece composteiros, de madeira gratuíta, aos veciños para mellorar os sistemas de recollida de lixo

O CONCELLO OFRECE COMPOSTEIROS, DE MANEIRA GRATUÍTA, AOS VECIÑOS PARA MELLORAR OS SISTEMA DE RECOLLIDA DE LIXO CEDEIRA

O Concello de Cedeira trata de incrementar o uso de composteiros entre á veciñanza para optimizar o funcionamento do servizo de recollida de lixo e aproveitar os residuos orgánicos para obter fertilizante ecolóxico.

Por terceiro ano consecutivo, o goberno local está a levar a cabo unha campaña de sensibilización que consiste na cesión gratuíta desde tipo de recipientes entre as persoas que así o soliciten. Os interesados só teñen que contactar coa Concellería de Medio Ambiente. O seu responsable, Camilo Casal, apunta que na actualidade xa colaboran con Concello case 100 familias, tanto das parroquias como do propio casco urbano, que dispoñen dun pequeno horto ou xardín. Casal recorda que o sistema desempeña unha dobre función xa que, por unha banda, cos restos da comida e das podas obtense abono ecolóxico para plantas e árbores e, por outra, evítase enviar a Sogama parte do lixo que se produce nas casas e que lle custa ás arcas municipais máis de 70 euros por cada tonelada.

Xunto ao recipiente en cuestión o Concello entrega un breve manual para saber como hai que proceder e realiza un seguimento con visitas puntuais a cada domicilio para dar as indicacións pertinentes.