Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O goberno agradece colaboración do tecido social na celebración da cabalgata de reis

O GOBERNO AGRADECE A COLABORACIÓN DO TECIDO SOCIAL NA CELEBRACIÓN
DA CABALGATA DE REIS

Un ano máis o tecido social de Cedeira implicouse de maneira activa e desinteresada na celebración da Cabalgata de Reis, un xesto que pasado o día quérese agradecer moi sinceramente desde a concellería de Cultura en nome do goberno municipal.

Neste capítulo de recoñecementos públicos se fai referencia ao traballo realizado polos membros de Protección Civil, que se ocuparon de facer as tres plataformas así como os tres tronos dos Reis Magos; o mesmo esforzo e interese que puxeron a ANPA Picapeixe e as Asociacións Aturuxeiras e Buxainas á hora de conseguir unhas carrozas “artesanais, imaxinativas e realmente fermosas”. O equipo de goberno fai así mesmo extensivo o seu agradecemento á Asociación de Amas de Casa, por colaborar na vestimenta dos Reis, e ao grupo de gaitas de Buxainas por se encargar de poñer a nota musical ao desfile. O Concello tamén agradece a achega de caramelos feita polo supermercado Gadis e por La Caixa e a colaboración da carpintería Muebles García por contribuír á realización das carrozas.

Desde o equipo de goberno considérase un luxo unir o esforzo e a colaboración de todos e todas para poder gozar un ano máis da noite máis máxica do calendario.