O Castelo da Concepción poderá ser visitado durante a ponte do un de maio
O CASTELO DA CONCEPCIÓN PODERÁ SER VISTADO DURANTE A PONTE DO UN DE MAIO
Con motivo da ponte de maio, o Concello de Cedeira abrirá ao público o castelo da Concepción, unha construción defensiva situada á entrada da ría cedeirense. A fortaleza poderá ser visitada de venres a martes en horario de tarde, entre as 16.00 e 20.00 horas, agás o luns que terá horario de mañá, de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas. Non é necesario apuntarse e a visita ten carácter gratuíto.