Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O BOE publica o protocolo de volta á actividade do deporte profesional e federativo

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores o protocolo básico de actuación para a volta aos adestramentos e o reinicio das competicións deportivas federadas e profesionais, no que, ademais de detallarse as catro fases da desescalada, recoméndase ao Goberno que leve a cabo un estudo científico sobre os efectos da actual pandemia e das medidas de confinamento nos deportistas de alto nivel.

O protocolo elaborado polo Consello Superior de Deportes (CSD), establece que a continuación da actividade deportiva farase en catro fases que conducirán aos deportistas federados, profesionais e de alto nivel ata a competición.

Para máis información:

Descarga Resolución do 4 de maio de 2020, da Presidencia do Consello Superior de Deportes, pola que se aproba e publica o Protocolo básico de actuación para a volta aos adestramentos e o reinicio das competicións federadas e profesionais.