Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

O Alcalde acepta as desculpas de Feijóo, ao que reitera a súa invitación a visitar oficialmente a vila

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, acepta as desculpas que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, lle traslada nunha carta con respecto as súas declaracións sobre á retirada, durante a pandemia, dunha rúa a Manuel Fraga como ministro de Francisco Franco. O rexidor municipal reitera que foron “erróneas”.

Moreda Gil, tanto a nivel institucional como persoal e tamén en representación da veciñanza de Cedeira, agradece este xesto por parte do xefe do Executivo galego, aínda que considera que as desculpas terán menos proxección que as súas declaracións recollidas na televisión autonómica.

Na carta, remitida onte, Núñez Feijóo tamén recoñece sentirse sorprendido pola repercusión da noticia, confesa que “pensei que se refería a un acto producido en datas máis recentes” e expresa o seu desexo de que “as relacións entre a Xunta de Galicia e o Concello de Cedeira sigan sendo, como ata agora, de permanente e leal colaboración”.

Pola súa banda, o alcalde mantén a súa invitación para que o presidente da Xunta de Galicia coñeza oficialmente Cedeira, así como as súas necesidades e proxectos.

O rexedor municipal tamén quere agradecer expresamente as moitas mostras de apoio recibidas nos últimos días, tanto por parte da veciñanza como de xente de toda Galicia” por un asunto que “para mín xa está aclarado e esquecido”.