Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Novo aviso sobre subvencións municipais

NOVO AVISO SOBRE SUBVENCIÓNS MUNICIPAIS

As novidades das que se tivo coñecemento no Concello no día de onte con respecto á publicación das bases das subvencións de libre concorrencia, obrigan a volver a emitir un novo aviso sobre a xestión e os prazos de solicitude das subvencións municipais. A intención non é confundir senón todo o contrario, pero deben facerse as publicacións segundo se vai informando dos novos trámites. Aclarar que todas estas novidades á hora da publicación e entrada en vigor das bases das subvencións afectan a todos os Concellos por orde do Ministerio de Hacienda ás entidades locais.

Neste ano 2017, todas as subvencións de libre concorrencia municipais presentan una novidade importante, primeiro teñen que ser publicadas no BOP (Boletín Oficial da Provincia), e a continuación hai que publicar o anuncio do BOP na Base Nacional de Subvencións. Desta base aínda se teñen que volver a remitir ao BOP e nesta última publicación é cando entran en vigor.

Esta novidade que se impón este ano aos Concellos no tema de subvencións de libre concorrencia pode crear confusión por ser este o primeiro ano que ten carácter obrigatorio, pero calquera dúbida que se teña ao respecto pode consultarse no Concello, tanto na Secretaría, como na Intervención ou directamente á concelleira de Cultura e Turismo.

Sinalar que irase informando puntualmente e anunciarase cando realmente se abran os prazos para tramitar as solicitudes. Todas as asociación e entidades deportivas poden ir preparando xa os anexos e documentación que se vaia a presentar cando se abran os prazos. Por último, lembrar que todos os trámites teñen que facerse a través da sede electrónica.

Na seguinte ligazón pode consultarse a información e o estado das subvencións municipais:

IR Á LIGAZÓN Subvencións municipais