Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Dous carteis sinalan o punto de encontro para as visitas guiadas por San Andrés de Teixido

DOUS CARTEIS SINALAN O PUNTO DE ENCONTRO PARA AS VISITAS GUIADAS POR SAN ANDRÉS DE TEIXIDO

O Concello de Cedeira vén de mellorar o programa de visitas guiadas a San Andrés de Teixido coa instalación de dous carteis para sinalizar o punto de encontro para todas aquelas persoas que desexen coñecer desde a historia do lugar ata as lendas que existen sobre el. Os responsables municipais anuncian a colocación destas sinais informativas que, a partir de agora, serán a única referencia válida para os visitantes que dexesen coñecer máis de cerca as características dun espazo único.

Os carteis, un traballo realizado por alumnos de Apader, situaranse na explanada de acceso na parte alta do santuario. As visitas son os domingos e gratuítas. Teñen unha duración de 40 minutos e comezan ás 11.30 e 12.30 horas. O programa estará vixente ata o mes de outubro.