Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MODIFICACIÓN DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DE VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o 20 de abril de 2022, adoptou acordo de modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana (BOP Nº 299 de 31 de decembro de 1998).

Sométese o devandito expediente a información pública e audiencia aos interesados, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, dentro dos cales os interesados poderán examinalo nos Servizos Económicos do Concello e presentar as reclamacións que estimen oportunas.

O acordo de aprobación inicial elevarase a definitivo no caso de que non se produzan reclamacións durante o prazo de exposición pública do expediente, de conformidade co disposto no artigo 17 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais.