Mensaxe do Concello de Cedeira
Desde o concello de Cedeira queremos facer chegar unha mensaxe de tranquilidade a toda a veciñanza nestes momentos nos que a COVID19 está a aparecer na nosa vila.
Queremos facer chegar unha mensaxe de colaboración a aquelas persoas que teñan síntomas da enfermidade ou foran xa diagnosticadas e teñan que gardar corentena. Desde o concello podemos facerlle chegar a compra ou cubrir aquelas outras necesidades que poidan ter durante os días de aillamento.
Desde os teléfonos 673223392 ou 673223415 encargarémonos de xestionar estas colaboracións.
Estamos en contacto co centro de saúde de Cedeira e desde alí infórmannos que só eles son coñecedores dos casos que hai na nosa vila e por protocolo e seguridade así seguira sendo e insístennos nas medidas que ata o de agora estabamos a solicitar de toda a veciñanza e polas que siguen dándonos as grazas: quedade na casa.
Infórmannos tamén que debemos extremar estas medidas xa que é moi probable que teñamos un pico de casos nas vindeiras xornadas polo que debemos minimizar e optimizar as nosas saídas, indo a compra unha vez á semana por exemplo e eliminando todo tipo de relacións sociais.
Entre todas e todos imos saír desta situación e farémolo antes e mellor se cumprimos coa nosa parte.
#EnCedeiraNaCasa