Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

I CERTAME DE RELATOS CURTOS EU FUN DE VIVO

Ata o vindeiro 10 de maio está aberto o prazo de presentación de traballos para o “I Certame de Relatos Curtos Eu Fun de Vivo”, convocado polos promotores do proxecto do mesmo nome, que busca promocionar o santuario de Santo André de Teixido e as tradicións ligadas ao mesmo. O tema dos relatos é Santo André e os seus camiños de peregrinación e o premio, para o gañador ou gañadora, será unha visita guiada para catro persoas, un lote de produtos promocionais e de “sanandreses” e un diploma.

O relato pode estar en galego ou castelán e terá entre dúas e dez páxinas, con letra tipo Arial de 11 puntos e un interlineado de 1,5. Ten que ser orixinal e inédito e presentarse baixo pseudónimo, a través do correo electrónico: info@eufundevivo.es.

Máis información: https://www.eufundevivo.com/