FOGATAS DE SAN XOÁN E SAN PEDRO 2021
O Concello de Cedeira lembra que para a celebración de fogueiras de San Xoán e San Pedro en espazos privados débese contar coa correspondente autorización municipal e en espazos públicos non se poderán realizar atendendo o que ven establecido na orde de 28 de maio de 2021:
4.6. Mantense, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o peche das actividades de festas, verbenas e outros eventos populares.
Así mesmo lembran que para a celebración de fogueiras en espazos privados, as recomendacións son de ser como máximo 15 persoas como está establecido na orde de 10 de xuño,
«Terceiro.bis. Recomendacións relativas á permanencia de grupos de persoas en espazos públicos ou privados
- No territorio dos concellos indicados nas letras B, C e D do anexo II recoméndase que os grupos non superen as seis persoas coma máximo en espazos pechados e as quince persoas coma máximo en espazos abertos ou ao aire libre, sexan de uso público ou privado, agás que se trate de conviventes.
- Recoméndase tamén que entre a 1.00 e as 6.00 horas, a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados coma abertos ou ao aire libre, e en espazos de uso privado se limite aos constituídos exclusivamente por persoas conviventes.
Manteñamos o sentidiño para chegar ao final desta desescalada coas maiores garantías posibles.