Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Concerto Guadi Galego “Costuras”

Guadi Galego presenta o seu último traballo, Costuras, en Cedeira.
Costuras aúna 10 cancións de Guadi Galego e Carlos Abal que viaxan desde mundos asociados á súa infancia ata o presente máis duro e á vez esperanzador, onde a autora amosase tal como é. Tres colaboracións compoñen o disco, dúas poetas Antía Otero e Marina Oural e unha cantante, a catalá Paula Grande. A produción musical, a cargo de Olivera Estudi, dá un novo aspecto ás creacións de Guadi, entrando en campos electrónicos, sen esquecer a parte máis orgánica, creando texturas únicas

O concerto terá lugar o día 26 de xullo ás 22.30 h. na Praza da Constitución (a Revolta). O recinto estará perimetrado con vallas e cinta e o acceso ao mesmo poderá facerse con reserva previa.

As reservas poderanse realizar desde o martes 13 de xullo ata o 25 de xullo ás 14.00 h. a través de dúas vías:

  • Online (300 localidades) https://www.inscribirme.com/concertoguadigalego
  • Presencial (200 localidades) no concello (oficinas xerais) ou na Oficina de Turismo, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00h.
    Para reservar é preciso aportar nome completo, número de DNI/NIE e un número de teléfono.

Contaremos con 500 cadeiras que se irán asignando por orde de chegada.
A entrada será subvencionada íntegramente polo concello.