Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

COMPARTIMOS O ESCRITO QUE O PERSOAL DO CENTRO DE SAÚDE DE CEDEIRA QUERE FACER CHEGAR ÁS PERSOAS USUARIAS, SEGUNDO EXPRESOU NA REUNIÓN MANTIDA RECENTEMENTE CO ALCALDE, PABLO DIEGO MOREDA GIL, E O CONCELLEIRO DE FACENDA, MANUEL MARTÍNEZ, PARA ABORDAR A SITUACIÓN DO SERVIZO.

Os traballadores do Centro de Saude de Cedeira queremos trasladarvos que, aínda que entendemos que poida parecer o contrario, esta situación tampouco é cómoda para nós, dificúltanos e auméntanos moito tanto a nosa labor asistencial, como a nosa carga emocional.

Co fin de que entendades mellor o porqué das cousas queríamos explicarvos un pouco cómo está funcionando o centro nesta época.

PLAN DE RE ACTIVACIÓN ASISTENCIAL DE ATENCIÓN PRIMARIA:

Temos que ter en conta que este plan de reactivación é unha reactivación progresiva e evaluable en función da situación epidemiolóxica e a capacidade asistencial. Así coma a revisión dos plans de seguimento dos casos Covid que están sendo modifiados semanalmente.

Actualmente nos centros de atención primaria continúase potenciando a consulta médica telefónica, para todos os procesos e trámites que se poidan resolver telefonicamente. Para evitar que os pacienes fráxiles e máis vulnerables conflúan con outros, e protexer aos profesionais sanitarios, xa que o contaxio do persoal sanitario pode levar ó peche temporal de dito centro.

Tamén se están dando citas presenciais, que son dadas polos profesionais médicos tras a valoración telefónica. Coordinando os horarios para que non conflúan os pacientes nas diferentes salas de espera.

Ademáis todos os pacientes que precisan atención urxente son vistos de manera presencial inmediata polo equipo encargado desta atención. Isto funcionaría mellor si tivésemos mais líneas telefónicas e máis persoal para atendelas. As chamadas aumentaron máis dun 50% e segue a ser o mesmo persoal e as mesmas liñas. Outra cousa que tamén axudaría é que a xente chegue á súa hora e non con demasiada antelación para non xuntarse nas salas de espera.

O noso centro ten unhas dimensións que se quedan pequenas para manter o aforo máximo e manter a distancia interpersonal de seguridade de 2m. Sobre todo os días de analíticas e actividades programadas como SINTRÓN.

Estamos a solventar estas deficiencias, poñendo un día máis de analíticas e poñer a actividade de sintrón programada nas consultas de enfermería como outra actividade, de TA ou glucemia, aumentando tamén os días da semana desta actividade. Son procesos que van acompañados dunha parte loxística que estamos intentando que nos aproben.

Temos que ter en conta que os espacios de pediatría e o PAC non os podemos ocupar, os protocolos oblígannos a ter a sala de pediatría diferenciada para que os nenos non se mesturen con outros pacientes. Isto obliga a modificar a axenda de pediatría os días de análises. O mesmo ocorre coa zona de PAC, que ten que ser independiente, ten uns horarios de limpeza e desinfección, que tamén están a ser modificados os días de análises. E ten que estar sempre libre para o acceso das urxencias con ambulancia e pacientes con movilidade reducida que precisan cadeiras de rodas.

Nos días de analíticas, para evitar as colas que se forman no exterior, estamos a citar aos pacientes en bloques de 15 min có aforo maximo no interior do centro e coa separación regulamentaria mentres esperan o seu turno. Por iso é moi importante acudir na hora que se marca e non antes, e sempre se atenderá a todo o mundo que se retrase ata o momento de recollida das mostras.

En canto á actividade programada nas consultas de enfermería están reactivadas todas a excepción das espirometrías, os pacientes poden pedir a súa cita no centro e algún oco por internet.

As consultas serán espaciadas con mais tempo para evitar aglomeración nas salas de espera, e dispor do tempo necesario para desinfección entre pacientes. Sempre se debe manter:

– Distancia interpersonal de seguridade de 1,5m a 2m.
– Hixene de mans.
– Uso de máscara.
– Desinfección de mans con solución hidroalcohólica ou lavado de mans nos aseos do centro.

A nivel da atención domiciliaria de enfermería e en canto a pacientes inmovilizados, obsérvase un incremento na demanda de pacientes con úlceras e pacientes que acudían ao centro para a realización de actividades programadas como sintrón e analíticas, que agora tras o confinamento sufriron un aumento do deterioro físico e neurolóxico cun agravamento que lles impide acudir.

REACTIVACIÓN DA ACTIVIDADE NA CONSULTA DE PEDIATRÍA

Realizaranse controis de saúde ata os 12 meses de idade.

Retómanse tamén os controis que coincidan coa administración de vacinas 3 e 14 anos, 6 a 12 anos.

Sempre en continua evaluación da situación epidemiolóxica, que podería verse interrompida ou demorada.

ATENCIÓN OBSTÉTRICA

Reanúdase a actividade, evitando que as consultas prenatais e puerperais presenciais non se concentren na sala de espera, e evitando contacto con outros pacientes.

Reanudouse tamén a actividade do calendario de vacinación da muller embarazada, actualmente tamén coa campaña da gripe.

Estamos intentando aumentar o número de días de dita consulta.

ATENCIÓN FARMACÉUTICA

Continúa cunha maior actividade telefónica. As citas presenciais e a homologación sanitaria de recetas papel, programas de dispensación de medicamentos e produtos sanitarios a pacientes etc) serán por indicación do profesional, despois dunha valoración telefónica.

Outras tarefas que incrementan o traballo con atención domiciliaria proactiva son o seguimento dos pacientes en residencias socio-sanitarias e institucionalizados, a través da plataforma de teleseguimento TELEA, que permite detectar, controlar e manexar posibles aparicións de casos de infección COVID-19.

Diariamente están en funcionamento tódalas consultas médicas e de enfermería, quedando solo un equipo médico e enfermeira para atender a tódalas urxencias presenciais e domiciliarias que xurdan.

Outra tarefa diaria e o seguimento telefónico dos pacientes COVID en aislamento, para control de síntomas e evolución da enfermidade.

Esta situación é incómoda tanto para os pacientes coma para o persoal sanitario e precisa a colaboración de todos, ir tratando de buscar melloras para o bon desenvolvemento da atención sanitaria.

Algo sinxelo que nos sería moi útil é recordar á poboación que cando acudan ao centro de saúde a solicitar unha cita o fagan aportando a tarxeta sanitaria para a súa identificación. E co número de teléfono accesible ou que o saiban de memoria para que non haxa ningún erro nas citas telefónicas. Porque estamos notando que a máscara dificulta o entendemento das palabras e se producen situacións desagradables no mostrador de citacións.

Por todo isto pedímosvos disculpas polos inconvintes que estades a sufrir, pero gustaríanos que endendérades que estamos aquí para tentar coidar da vosa saúde, e que o facemos o mellor que podemos tendo en conta as limitacións arquitectónicas do centro e os protocolos que temos que seguir por mor da pandemia.

Calquera suxestión que teñades podedes canalizala a través do Concello e estudaremos a súa viabilidade.

Un cordial saudo,

PERSOAL DE CENTRO DE SAUDE DE CEDEIRA.