Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

Cedeira celebra cunha concentración o día da diversidade sexual

CEDEIRA CELEBRA CUNHA CONCENTRACIÓN O DÍA DA DIVERSIDADE SEXUAL

O goberno municipal convoca para hoxe venres unha concentración coa que o executivo local quere sumarse ao sentir reivindicativo e festivo do Día da Diversidade Sexual. O acto dará comezo ás 12.30 e será diante do Palacete municipal (avenida de Castelao, nª 18).

O equipo de goberno, que invita á veciñanza a sumarse á convocatoria, pon de manifesto a necesidade de avanzar nas liberdades das persoas, sexa cal sexa a súa condición sexual, de aí que participe, xunto a outros 38 concellos da provincia, na campaña “Liberdade de ser e sentir!” promovida pola Deputación da Coruña para sensibilizar sobre a importancia da tolerancia e da igualdade das persoas.

A iniciativa provincial está a circular polas redes sociais co hashtag #seresentir e a súa imaxe está baseada nunha estética graffiti como elemento reivindicativo por excelencia, sinónimo de liberdade e tamén de libre pensamento.