Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SERVIZOS

O Concello ofrece composteiros, de madeira gratuíta, aos veciños para mellorar os sistemas de recollida de lixo

O CONCELLO OFRECE COMPOSTEIROS, DE MANEIRA GRATUÍTA, AOS VECIÑOS PARA MELLORAR OS SISTEMA DE RECOLLIDA DE LIXO CEDEIRA

O Concello de Cedeira trata de incrementar o uso de composteiros entre á veciñanza para optimizar o funcionamento do servizo de recollida de lixo e aproveitar os residuos orgánicos para obter fertilizante ecolóxico.

Por terceiro ano consecutivo, o goberno local está a levar a cabo unha campaña de sensibilización que consiste na cesión gratuíta desde tipo de recipientes entre as persoas que así o soliciten. Os interesados só teñen que contactar coa Concellería de Medio Ambiente. O seu responsable, Camilo Casal, apunta que na actualidade xa colaboran con Concello case 100 familias, tanto das parroquias como do propio casco urbano, que dispoñen dun pequeno horto ou xardín. Casal recorda que o sistema desempeña unha dobre función xa que, por unha banda, cos restos da comida e das podas obtense abono ecolóxico para plantas e árbores e, por outra, evítase enviar a Sogama parte do lixo que se produce nas casas e que lle custa ás arcas municipais máis de 70 euros por cada tonelada.

Xunto ao recipiente en cuestión o Concello entrega un breve manual para saber como hai que proceder e realiza un seguimento con visitas puntuais a cada domicilio para dar as indicacións pertinentes.

Cedeira substitúe o antigo camión de servizos por outro diesel, con dirección asistida e plataforma elavadora

CEDEIRA SUBSTITÚE O ANTIGO CAMIÓN DE SERVIZOS POR OUTRO DIESEL, CON DIRECCIÓN ASISTIDA E PLATAFORMA ELAVADORA

Esta semana entrou en funcionamento o camión con plataforma elevadora adquirido polo Concello de Cedeira con fondos propios para tratar de rebaixar os prazos de execución das obras municipais e darlle unha maior produtividade á xornada laboral do persoal de servizos.

Trátase dun camión con motor diesel de catro cilindros en liña, dirección asistida e freado con control hidráulico. A plataforma elevadora pode subir alomenos 14 metros desde o chan, dispón de nivelación automática e ten un xiro en cesta de 100 graos. Soos Maquinaria SL foi a empresa subministradora e o prezo de adxudicación ascendeu a 49.500 euros (sen IVE).

O goberno municipal entende que coa entrada en funcionamento desde novo vehículo dáse un salto cualitativo no que ao parque móbil municipal se refire, especialmente na área de servizos. O vehículo que se estaba a utilizar fora adquirido no mercado de segunda man, tiña máis de 25 anos e pasaba revisións cada seis meses.

O executivo local tamén considera importante investir en mellorar a calidade e a seguridade no traballo do persoal laboral do Concello, ademais de tratar de rentabilizar os recursos públicos coa optimización dos servizos municipais.

No acto de entrega do vehículo estiveron presentes o alcalde, Pablo Moreda Gil, a concelleira de Cultura e Turismo, María Xosé Rodríguez Pérez, e representantes da empresa adxudicataria.

Cedeira destina 486.000 euros do Plan Único a obras en rúas e a reforma da Casa Avelino

CEDEIRA DESTINA 486.000 EUROS DO PLAN ÚNICO A OBRAS EN RÚAS E A REFORMA DA CASA AVELINO

Cedeira destina 255.489 euros do Plan Único da Deputación -a Administración local achega 1.683- á mellora de beirarrúas en varias rúas do centro urbano (185.524) e á reurbanización da rúa Convento (69.965). O Concello dedicará os 230.923 euros do Plan de Aforro e Investimento (préstamo provincial sen intereses e con dous anos de carencia) de 2018 á rehabilitación do edificio de Casa Avelino (ou o vello pazo de Moscoso), que albergará dependencias municipais. O goberno local aprobou, ademais, no pleno, financiar gasto corrente con cargo aos outros 260.403 euros do plan provincial; e utilizar 1.687 ao pago a provedores. En canto ao plan complementario, que se custea coas baixas dos distintos contratos, o Concello cedeirense prevé investir 126.012 euros no parque de auga e a tirolesa do paseo marítimo e 32.743 na pavimentación de camiños en Vilarcay e Meizoso.

O tripartito que preside o socialista Pablo Moreda acordou amortizar os 226.945 euros do PAI de 2015 con cargo ao remanente de 2017. «Este ano amortizouse un préstamo que concedera ou Ministerio de Industria para ou viveiro de empresas do polígono, que non se fixo, por 77.640 euros», indicou o rexedor. O obxectivo, sinalou, « é ir pedindo os préstamos provinciais, polas condicións que teñen, para poder facer obras, e ir cancelándoos co remanente».

Fonte: La Voz de Galicia

Pode consultar a nova na seguinte ligazón:

IR Á LIGAZÓN Cedeira destina 486.000 euros do Plan Único a obras en rúas e a reforma da Casa Avelino