Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

SERVICIOS SOCIAIS

CHARLA INFORMATIVA: O DAÑO CEREBRAL ADQUIRIDO

O concello de Cedeira e FEGADACE colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha charla que se celebrará o próximo 26 de maio ás 18:00 no Auditorio Municipal de Cedeira.

A información sobre o dano cerebral adquirido chega a Cedeira pola man da colaboración entre este concello e a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE). Unha das principais liñas de actuación da Federación é a información e sensibilización, cos obxectivos de dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, pero tamén de axudar a previr esta discapacidade, que afecta a máis de 35.000 persoas en Galicia.

A actividade informativa está dirixida a todo tipo de público e nela a traballadora social de FEGADACE vai falar da prevención das principais causas do dano cerebral (o ictus -que está detrás do 78% dos casos- e os accidentes de tráfico), e do modelo de atención e rehabilitación que se desenvolve nas asociacións galegas de dano cerebral, ditado polo Ministerio de Sanidade a través do Imserso. Centrarase especialmente en presentar o recurso asociativo máis próximo: a Asociación de Dano Cerebral da Coruña, ADACECO.

A organización desta actividade conta coa colaboración do Concello de Cedeira a través dos seus servizos sociais e co financiamento da Consellería de Política Social, dentro dos programas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF; é dicir, grazas ás persoas que marcan a X Solidaria na súa declaración da renda.

O CONCELLO ABRE O PRAZO DUNHA NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ASOCIACIÓNS SOCIOCULTURAIS

O Concello de Cedeira abre unha nova convocatoria de subvencións para as entidades e asociacións socioculturais da vila, tanto no apartado de actividades como de investimentos, dotada en total con 36.000 euros. Despois da de 2020, un tanto mermada en solicitudes por mor das limitacións que impuxo a pandemia, o alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, expresou a confianza do goberno local en que este 2021 sexa un ano de paulatina recuperación do ritmo habitual e que as entidades se animen a retomar iniciativas que quedaran en suspenso “e que son, todas, moi importantes para dinamizar a vida social e cultural de Cedeira, porque promoven a participación e a relación entre a veciñanza”.

A convocatoria está aberta ata o vindeiro día 27 de maio. No apartado de actividades culturais, que está dotado con 30.000€, a contía máxima para cada entidade beneficiaria é de 7.000€ e as axudas van destinadas a subvencionar actividades musicais, teatrais e outros programas e actividades socio-culturais. Son gastos que poden acollerse a esta liña a compra de trofeos, material non inventariable e funxible, desprazamentos para participar en eventos, alugamento de locais e materiais, pago a persoal, facturas de mantemento como o teléfono, a luz, etc., seguros e cartelería e demais traballos de divulgación das actividades.

No apartado de investimentos, ao que o Concello reserva 6.000€. Neste caso, considéranse gasto subvencionable a compra de material inventariable relacionado coa actividade da entidade, por importe igual ou superior a 100€.

As entidades beneficiarias, que serán seleccionadas en réxime de concorrencia competitiva e segundo a puntuación obtida da aplicación dos criterios establecidos na convocatoria, deberán realizar o gasto antes do 15 de novembro deste ano e presentar a xustificación antes do 30 dese mesmo mes.

O CONCELLO RETOMA CON AFAL FERROLTERRA OS TALLERES DE ESTIMULACIÓN COGNITIVA TRAS O PARÓN POLO COVID

O alcalde de Cedeira, Pablo Diego Moreda Gil, e a concelleira de Servizos Sociais, Magdalena Pérez Villar, acudiron antonte á apertura dos “Talleres de Estimulación Cognitiva” que o goberno local promove coa colaboración de AFAL Ferrolterra. É unha actividade dirixida a persoas con principios de Alzheimer ou outras demencias ou ben coa sospeita de estar a sufrir algún deterioro cognitivo, que a través deste programa atopan unha fórmula para frear o seu avance e manter durante máis tempo unha mellor calidade de vida. Moreda Gil recordou que hai xa cinco anos que o goberno local apostou por achegar á vila este recurso e poñelo a disposición de veciños e veciñas que precisan esta axuda nun estadio inicial da enfermidade.

Moreda amosou a súa satisfacción do goberno local por poder retomar o programa despois desta pandemia que afectou especialmente ás persoas maiores. Destacou que é a intención do Concello ir recuperando a normalidade e potenciar actividades que favorezan a socialización de todos, especialmente da veciñanza de idade.

A terapeuta de AFAL, Mónica Permuy, expresou a súa alegría por retomar a actividade en Cedeira despois do parón que impuxo a pandemia e recordou que este é un recurso que se ofrece neste municipio de forma continuada. Segundo comentou, os resultados que se consiguen son moi bos no que atinxe a frear o deterioro e mesmo nalgúns casos hai persoas que a través dos talleres recuperan tarefas que tiñan abandonado.

O Taller de Estimulación Cognitiva, que se desenvolve en Servizos Sociais durante dos días á semana -dous horas cada día-, impártese en grupo pero cunha atención individualizada. Neste momento acuden nove persoas, cuxa situación é analizada de xeito individual pola terapeuta de AFAL, coa axuda das famlias, para determinar o estadio da enfermidade e deseñar actividades acaídas para cada unha delas.

Segundo explicou Mónica Permuy, o primeiro é traballar a orientación, tanto temporal como espacial, para pasar despois ao área de psicomotricidad, na que se propón unha serie de exercicios físicos para cada asistente. Na parte de estimulación cognitiva propiamente dita, o taller vai dirixido a traballar a atención, a linguaxe e o cálculo, tanto con fichas escritas como a través de pantallas. Tamén realízanse talleres ocupacionais, nos que a técnica de AFAL trata de propoñer a cada persoas aquelas tarefas que lle gustaban e que habitualmente facía. Por último, a musicoterapia tamén está no programa e aos maiores que participan lles gusta especialmente porque recordan aquelas cancións que adoitaban entoar na súa mocedade.