Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

PARTICIPACION

PRIMEIRA SESIÓN DO PROGRAMA DE AUTO-CINE XURDIDO AO ABEIRO DOS ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS

A zona do parque San Isidro, no Camiño Real de Cedeira, acollerá hoxe ás 22.30 horas a primeira sesión do programa de auto-cine xurdido ao abeiro dos primeiros orzamentos participativos do Concello. É unha das dúas películas elixidas polo alumnado de 4º da ESO do IES Punta Candieira, que durante o pasado curso propuxeron, debatiron e votaron o destino dunha partida de 20.000€ dos fondos municipais.

Os rapaces e rapazas votaron pola comedia “Cuñados”, unha película dirixida por Toño López e protagonizada por Touriñán, Miguel de Lira e Federico Pérez que promete moitas gargalladas. As portas abriranse ás 21.00 horas e o espazo ocuparase por orde de chegada.

A próxima película que formará parte deste ciclo de auto-cine é “El Viaje de Chihiro”, un longametraxe de animación, e o pase será en agosto.

SOMÉTESE A EXPOSICIÓN PÚBLICA A NOVA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA TAXA POLO USO DAS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DEPORTIVAS

Este concello pretende a aprobación dunha nova ordenanza municipal reguladora da taxa polo uso das instalacións municipais deportivas.

Co obxectivo de garantir a participación dos cidadáns na elaboración da ordenanza e en cumplimento do disposto no artigo 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas – LPACAP-, substánciase unha consulta pública previa para solicitar a opinión dos cidadáns e das organizacións máis representativas que potencialmente se poidan ver afectados pola mesma, sobre unha serie de aspectos como son os problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa, a necesidade e oportunidade da súa aprobación, os obxectivos da norma e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias.

No presente caso considérase unha duración de dez días hábiles para que se presenten as opinións a que fai referencia o artigo 133 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Pódese descargar o texto integro na seguinte ligazón:

DESCARGA PDF ordenanza municipal reguladora da taxa polo uso das instalacións municipais deportivas