Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

PUBLICADAS AS BASES DE SELECCIÓN DO CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2023 DO CONCELLO DE CEDEIRA

Este campamento de verán ten a finalidade de facilitar unha alternativa de ocio para as nenas e nenos promovendo así a conciliación familiar durante os meses de vacacións estivais.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 23 de xuño incluído, que son 7 días hábiles a contar a partires do día seguinte ao da publicación das presentes bases no taboleiro de anuncios dixital.

As solicitudes deberán ser asinadas polo pai, nai ou titor legal do menor e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello ou polos medios establecidos no artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Inscrición:

  • En liña a través da sede electrónica do Concello.
  • Presencial no rexistro municipal.

Na seguinte ligazón pode consultarse o texto íntegro das bases, descargar a ficha de inscrición e o modelo de autoliquidación:

DESCARGAR PDF Bases de selección do campamento urbano de verán 2023 do Concello de Cedeira

A AUGA Ė UN DEREITO HUMANO

Directiva Marco da Auga da UE : A auga non é un ben comercial como os demais, senón un patrimonio a defender e protexer.
Cada mañá abrimos a billa e sae auga limpa, potable e segura. Parece o normal.
Pero no mundo màis de MIL Millón de persoas non dispoñen dela e o problema vai a màis. Cada minuto morren 7 persoas no planeta por beber auga insalubre.
Segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde) son precisos entre 50 e 100 litros por persoa e día para satisfacer as necesidades humanas màis básicas, o tempo necesario para surtirse de auga non debe sobrepasar os 30 minutos e a fonte debe estar como máximo a 1Km do fogar.

O PLANETA AZUL
Debería chamarse planeta Auga en vez de planeta Terra dado que as tres cuartas partes da súa superficie está cuberta por auga. Pero só o 3% è auga doce, que se atopa nos ríos e nos lagos, e dela dependemos para sobrevivir os seres humanos, os animais e as plantas. E ademáis é constante, non varía, pero os modernos hábitos de consumo e produción medran continuamente. Como tamén medra a poboación mundial, o quentamento global e a contaminación, a auga convèrtese nun produto de gran valor, incluso en Galicia onde, desde hai anos, se producen preocupantes períodos de seca, esgotamento dos mananciais e debilitamiento do cauce dos ríos.
Non estamos a salvo.
A vida sen auga non é concebible.
As persoas somos auga nun 60% e un 78% nos bebés. Morreríamos aos poucos días de deixar de beber.

POR QUE DEBEMOS AFORRAR AUGA?

  • Porque é indispensable para a vida e só unha moi pequena parte é útil.
  • Porque a pesares de ser un recurso renovable non é infinita.
  • Porque antes de consumila hai q captala, transportala, bombeala e potabilizala o que implica un gran consumo de enerxía que ,ainda sendo limpa, é cara.
  • Porque aforràndoa, reducimos non só a factura polo seu consumo senón, en moitos caso, a factura eléctrica ou gasista para quentala.
  • Porque aforràndoa e contaminándoa menos protexemos os ecosistemas acuàticos.

QUE PODEMOS FACER CADA UN DE NÓS
Podemos usar a auga màis eficientemente na nosa vida diaria aforrando e, às veces, reutilizando, nomeadamente na cociña, no baño, cando lavamos o coche, …
En Galicia consumimos unha media de 140 litros por persoa O día cando a metade debería ser suficiente. Cómpre modificar os hábitos cotiàs sen que se resinta a nosa calidade de vida pero si as facturas de cada mes.
Se nos centramos primeiro va vivenda, tanto na cociña como no baño, teníamos que :

  • Detectar as fugas.
  • Evitar o goteo das billas xa que unha pinga de auga por segundo equivale a 30 litros diarios.
  • Optar por sistemas monomando(aforro de ata 170 litros ao mes).
  • Tamén poñer difusores nas mesmas.
    Centrémonos primeiro na cociña :

    • Mentres deixas correr a auga en espera de que salga quente, recóllea nun recipiente e úsaa, por exemplo, para regar as plantas.
  • Non tires os residuos à auga, sobre todo o aceite ( un só litro contamina MIL de auga)
  • Se fregas a louza a man, non deixes a billa aberta.
  • Usa a lavalouza( aforro de ata un 10%) a plena carga.
  • Emprega detergentes ecolóxicos, sen fosfatos e non abuses deles. Dificultan o traballo da depuradora.
  • Enche a lavadora e emprega ciclo axeitado.

QUE FACER NO BAÑO

  • Ducharte en vez de bañarte. Aforraràs màis da metade de auga e enerxía. Cinco minutos chegan dabondo
    E coidado ca temperatura.!
  • Antes de que salga quente procede como na cociña.
  • Non uses o inodoro como papeleira. Lembra que tirar tampóns, toalliñas e demais dificulta os traballos de depuración e provoca e atascos.
  • Instala no inodoro 2 tipos de descarga.
  • As perdas na cisterna suponen un despilfarro enorme de auga( a posible fuga detectarse con un colorante).

LAVADO DO COCHE
O lavado do noso vehículo consume moita auga. Mellor que facelo á man é utilizar os lavadoiros automatizados, no que se optimiza o gasto da mesma, sobre todo naqueles nos que se recicla.
Se o lavas á man, sustitúe a mangueira por un balde de auga e unha esponja.
Se utilizas a mangueira, péchaa mentres enxabonas o coche.

COMO EDUCAR AOS NEN@S NO CONSUMO DE AUGA

As novas xeracións teñens moita màis conciencia ecolóxica que as precedentes, chegando ás veces a instruir aos sus pais/nais.
En xeral, é necesario insistir nas tres erres clásicas: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR.
Nestas idades debemos poñer en valor o consumo de auga, que é escaso, en vez de bebidas carbonatadas, sobre todo durante as comidas e despois de facer exercicio físico ( lembremos que o organismo dos menores contén case un 80 % de auga).
Como en todas as ocasións, hai que predicar co exemplo.
Destacar a importancia das excursións onde a auga esté presente, como ríos ou lagos, sobre todo en épocas de escaseza. Inculcarlles o respeto á natureza.
Non se pode amar o que se descoñece.

O SERVIZO PÚBLICO DA AUGA
Como chega a auga aos nosos fogares? A onde vai a que xa utilizamos?
Parecen preguntas de perogrullo pero non està de màis insistir.
Aos concellos corresponde tanto o suministro como o saneamento das augas residuais.
O suministro leva consigo un gran consumo de enerxía. De aí q sexa necesaria a presión da cidadanía para que os gobernantes poñan todos os medios ao seu alcance tratando minimizar as perdas que son cuantiosas en numerosas ocasións.
A ese posible despilfarro de enerxía no suministro sumaríaselle o da propia auga.
O posterior tratamiento de tipo físico, químico e biológico e a súa depuración tamèn son costosos desde o punto de vista enerxético pero son imprescindibles para evitar a contaminación de ríos e mares.

OS OCÉANOS

Os nosos maltratados pulmóns azuis.
A meirande parte do osíxeno que respiramos non procede das árbores, como habitualmente se cre, senón dos océanos que tamén absorben gran cantidade dióxido de carbono, o gas que en maior proporción é o responsable da EMERXENCIA CLIMÁTICA que estos a sufrir xa.
A maiores, fornécennos dun riquísimo e nutritivo alimento e crea millóns de postos de traballo.
Como é posible entender que existan, polo menos, 5 enormes illas de plàstico- como mínimo- no seu seo, alguna delas da extensión de España, Francia e Alemania xuntas? Parece inimaxinable.
Jaques Cousteau, o màis grande oceanografía do secular XX afirmaba : “Temos que salvar os océanos se queremos salvar à humanidade”.
O Día Mundial do Medio Ambiente ,que acaba de conmemorarse estes días, dedícase este ano a combatir esa plaga que nós mesmos producimos e da que nos costa tanto prescindir.
Cómpre: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR.

O CONCELLO DE CEDEIRA PRESENTA ESTE SÁBADO O LIBRO SOBRE A HISTORIA DO PAZO DE MOSCOSO

O Concello de Cedeira celebrará este sábado, 10 de xuño, a presentación do libro “O Pazo de Moscoso en Cedeira: Datos para a súa historia”, obra do cronista oficial da localidade, Rafael Usero. O acto terá lugar ás 12.00h do mediodía no patio do propio inmoble, situado no casco vello e que vén de ser rehabilitado para albergar diferentes dependencias municipais.

A presentación contará coa presencia do autor, Rafael Usero, que tiña listo o manuscrito hai anos, pouco despois de que o Concello comprara o edificio coa intención inicial de adicalo a expoñer os obxectos vencellados á historia local reunidos polo propio Usero. Así, cando está a piques de abrir a exposición coa “colección Usero” en dúas salas do Palacete Municipal, ve tamén a luz o libro sobre o Pazo de Moscoso. O acto celebrarase no patio do edificio, convertido agora en praza pública e no que se ten prantado unha laranxeira en recordo das árbores froiteiras que o poblaban antigamente.

Segundo explicou Ermitas García, concelleira de Cultura en funcións, Rafael Usero conta neste libro, cun estilo moi didáctico, non so a historia do edificio senón tamén parte do pasado da vila de Cedeira. Coa súa lectura é posible descubrir detalles da organización social e do modo de vida dos cedeireses e cedeiresas ao longo de varios séculos. O actual Pazo Moscoso foi construido sobre un antigo palacete medieval, de maneira que percorrer a súa historia e as súas transformacións, usos e diferentes habitantes é tamén achegarse á historia de Cedeira desde a Baixa Idade Media ata a actualidade.

O Concello de Cedeira editou e imprimiu 400 exemplares do libro, que tamén se vai poñer a disposición do público en versión dixital na web municipal. O volume está ilustrado con fotografías cedidas por Iago Leonardo, un fotógrafo nado en Madrid e asentado en México pero moi vencellado a Cedeira por lazos familiares e de amizade.

Desde o goberno local en funcións agradecen a colaboración de Leonardo e o traballo de Rafael Usero, non so nesta investigación sobre o Pazo de Moscoso senón polo completo legado de coñecementos e de obxectos que atesourou ao longo dos anos sobre a historia de Cedeira.

DESCARGA PDF libro “O Pazo de Moscoso en Cedeira: Datos para a súa historia”