A AUGA Ė UN DEREITO HUMANO
Directiva Marco da Auga da UE : A auga non é un ben comercial como os demais, senón un patrimonio a defender e protexer.
Cada mañá abrimos a billa e sae auga limpa, potable e segura. Parece o normal.
Pero no mundo màis de MIL Millón de persoas non dispoñen dela e o problema vai a màis. Cada minuto morren 7 persoas no planeta por beber auga insalubre.
Segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde) son precisos entre 50 e 100 litros por persoa e día para satisfacer as necesidades humanas màis básicas, o tempo necesario para surtirse de auga non debe sobrepasar os 30 minutos e a fonte debe estar como máximo a 1Km do fogar.
O PLANETA AZUL
Debería chamarse planeta Auga en vez de planeta Terra dado que as tres cuartas partes da súa superficie está cuberta por auga. Pero só o 3% è auga doce, que se atopa nos ríos e nos lagos, e dela dependemos para sobrevivir os seres humanos, os animais e as plantas. E ademáis é constante, non varía, pero os modernos hábitos de consumo e produción medran continuamente. Como tamén medra a poboación mundial, o quentamento global e a contaminación, a auga convèrtese nun produto de gran valor, incluso en Galicia onde, desde hai anos, se producen preocupantes períodos de seca, esgotamento dos mananciais e debilitamiento do cauce dos ríos.
Non estamos a salvo.
A vida sen auga non é concebible.
As persoas somos auga nun 60% e un 78% nos bebés. Morreríamos aos poucos días de deixar de beber.
POR QUE DEBEMOS AFORRAR AUGA?
- Porque é indispensable para a vida e só unha moi pequena parte é útil.
- Porque a pesares de ser un recurso renovable non é infinita.
- Porque antes de consumila hai q captala, transportala, bombeala e potabilizala o que implica un gran consumo de enerxía que ,ainda sendo limpa, é cara.
- Porque aforràndoa, reducimos non só a factura polo seu consumo senón, en moitos caso, a factura eléctrica ou gasista para quentala.
- Porque aforràndoa e contaminándoa menos protexemos os ecosistemas acuàticos.
QUE PODEMOS FACER CADA UN DE NÓS
Podemos usar a auga màis eficientemente na nosa vida diaria aforrando e, às veces, reutilizando, nomeadamente na cociña, no baño, cando lavamos o coche, …
En Galicia consumimos unha media de 140 litros por persoa O día cando a metade debería ser suficiente. Cómpre modificar os hábitos cotiàs sen que se resinta a nosa calidade de vida pero si as facturas de cada mes.
Se nos centramos primeiro va vivenda, tanto na cociña como no baño, teníamos que :
- Detectar as fugas.
- Evitar o goteo das billas xa que unha pinga de auga por segundo equivale a 30 litros diarios.
- Optar por sistemas monomando(aforro de ata 170 litros ao mes).
- Tamén poñer difusores nas mesmas.
Centrémonos primeiro na cociña :- Mentres deixas correr a auga en espera de que salga quente, recóllea nun recipiente e úsaa, por exemplo, para regar as plantas.
- Non tires os residuos à auga, sobre todo o aceite ( un só litro contamina MIL de auga)
- Se fregas a louza a man, non deixes a billa aberta.
- Usa a lavalouza( aforro de ata un 10%) a plena carga.
- Emprega detergentes ecolóxicos, sen fosfatos e non abuses deles. Dificultan o traballo da depuradora.
- Enche a lavadora e emprega ciclo axeitado.
QUE FACER NO BAÑO
- Ducharte en vez de bañarte. Aforraràs màis da metade de auga e enerxía. Cinco minutos chegan dabondo
E coidado ca temperatura.! - Antes de que salga quente procede como na cociña.
- Non uses o inodoro como papeleira. Lembra que tirar tampóns, toalliñas e demais dificulta os traballos de depuración e provoca e atascos.
- Instala no inodoro 2 tipos de descarga.
- As perdas na cisterna suponen un despilfarro enorme de auga( a posible fuga detectarse con un colorante).
LAVADO DO COCHE
O lavado do noso vehículo consume moita auga. Mellor que facelo á man é utilizar os lavadoiros automatizados, no que se optimiza o gasto da mesma, sobre todo naqueles nos que se recicla.
Se o lavas á man, sustitúe a mangueira por un balde de auga e unha esponja.
Se utilizas a mangueira, péchaa mentres enxabonas o coche.
COMO EDUCAR AOS NEN@S NO CONSUMO DE AUGA
As novas xeracións teñens moita màis conciencia ecolóxica que as precedentes, chegando ás veces a instruir aos sus pais/nais.
En xeral, é necesario insistir nas tres erres clásicas: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR.
Nestas idades debemos poñer en valor o consumo de auga, que é escaso, en vez de bebidas carbonatadas, sobre todo durante as comidas e despois de facer exercicio físico ( lembremos que o organismo dos menores contén case un 80 % de auga).
Como en todas as ocasións, hai que predicar co exemplo.
Destacar a importancia das excursións onde a auga esté presente, como ríos ou lagos, sobre todo en épocas de escaseza. Inculcarlles o respeto á natureza.
Non se pode amar o que se descoñece.
O SERVIZO PÚBLICO DA AUGA
Como chega a auga aos nosos fogares? A onde vai a que xa utilizamos?
Parecen preguntas de perogrullo pero non està de màis insistir.
Aos concellos corresponde tanto o suministro como o saneamento das augas residuais.
O suministro leva consigo un gran consumo de enerxía. De aí q sexa necesaria a presión da cidadanía para que os gobernantes poñan todos os medios ao seu alcance tratando minimizar as perdas que son cuantiosas en numerosas ocasións.
A ese posible despilfarro de enerxía no suministro sumaríaselle o da propia auga.
O posterior tratamiento de tipo físico, químico e biológico e a súa depuración tamèn son costosos desde o punto de vista enerxético pero son imprescindibles para evitar a contaminación de ríos e mares.
OS OCÉANOS
Os nosos maltratados pulmóns azuis.
A meirande parte do osíxeno que respiramos non procede das árbores, como habitualmente se cre, senón dos océanos que tamén absorben gran cantidade dióxido de carbono, o gas que en maior proporción é o responsable da EMERXENCIA CLIMÁTICA que estos a sufrir xa.
A maiores, fornécennos dun riquísimo e nutritivo alimento e crea millóns de postos de traballo.
Como é posible entender que existan, polo menos, 5 enormes illas de plàstico- como mínimo- no seu seo, alguna delas da extensión de España, Francia e Alemania xuntas? Parece inimaxinable.
Jaques Cousteau, o màis grande oceanografía do secular XX afirmaba : “Temos que salvar os océanos se queremos salvar à humanidade”.
O Día Mundial do Medio Ambiente ,que acaba de conmemorarse estes días, dedícase este ano a combatir esa plaga que nós mesmos producimos e da que nos costa tanto prescindir.
Cómpre: REDUCIR, REUTILIZAR, RECICLAR.