Pasos cara á creación da sección da asociación cultural memoria histórica democrática
PASOS CARA Á CREACIÓN DA SECCIÓN DA ASOCIACIÓN CULTURAL MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA
A veciñanza de Cedeira da un paso máis cara ao coñecemento da súa historia máis recente coa iniciativa de crear dunha sección local da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática. O primeiro encontro tivo lugar o pasado sábado e a intención dos seus promotores é a celebración dun segundo, que se prevé para próximas datas e do que xa sairán as primeiras mesas de traballo.
A idea é afondar na recuperación da memoria da veciñanza represaliada e investigar así mesmo sobre outros acontecementos e protagonistas da historia social da vila, “para consolidar a súa lembranza e transmitila, sobre todo, ás novas xeneracións”. Por estes motivos, demándase a colaboración dos veciños e veciñas, tanto á hora de asistir á próxima reunión como á de achegar fotografías, testemuños e documentos cos que se poida recuperar a memoria colectiva de Cedeira.