Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Cedeira organiza unha charla para informar da praga que está a afectar ao buxo

CEDEIRA ORGANIZA UNHA CHARLA PARA INFORMAR DA PRAGA QUE ESTÁ A AFECTAR AO BUXO

O caruncho asiático é unha praga que afecta ao buxo e que está a xerar intranquilidade entre a veciñanza, por representar unha seria ameaza para a supervivencia das prantas. Este é o motivo polo que Concello de Cedeira, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza para a xornada do mércores día 8 unha charla coa fin de abordar o problema contando coa voz autorizada dos expertos. Será na biblioteca do auditorio, a partir das oito da tarde, e correrá a cargo do enxeñeiro técnico agrícola Francisco Pico que pronunciará a conferencia “Como tratar a enfermidade do buxo”, e que tamén responderá ás preguntas dos asistentes.

O caruncho asiático, tamén chamada polilla china u oruga do boj, é un lepidóptero orixinario do oeste asiático que chegou a Europa no 2006, entrando por Alemania pero estendéndose moi rapidamente por Holanda, Reino Unido, Suiza, Francia, Austria, Bélxica, Rusia, Turquía, ata chegar a España no ano 2014.

O súa orixe está na distribución é a comercialización de plantas ornamentais infectadas e, a día de hoxe, pódese tratar a base de trampas de feromonas ou tendo como aliado ao seu depredador natural, que é a avespa asiática.

 

Cedeira convoca un curso de autodefensa para mulleres que dará comezo o martes 7 de maio

CEDEIRA CONVOCA UN CURSO DE AUTODEFENSA PARA MULLERES QUE DARÁ COMEZO O MARTES 7 DE MAIO

O Concello de Cedeira en colaboración coa Escola de Karate da localidade promove unhas xornadas de autodefensa dirixidas especificamente a mulleres.

A iniciativa desenvolverase en tres grupos e dará comezo o martes 7 para rematar o xoves 23 deste mes de maio. As clases, de hora e media de duración, impartiranse no pavillón municipal.

As persoas interesadas poden apuntarse tanto nas devanditas instalación deportivas, como nas oficinas de Servizos Sociais. As prazas son limitadas. Haberá un total de 20 por grupo.

Trompicallo Teatro representará o sábado en Cedeira a obra “Planeta Ardora”

TROMPICALLO TEATRO REPRESENTARÁ O SÁBADO EN CEDEIRA A OBRA “PLANETA ARDORA”

O auditorio municipal de Cedeira acollerá este sábado (día 4) unha nova sesión de teatro dirixida ao público infantil. Así, a compañía Trompicallo Teatro porá en escena a obra “Planeta Ardora”, unha función que dará comezo ás 18.00 horas e que terá un custo de 2,5 euros por espectador.

Trátase dunha peza na que se pon de manifesto que “houbo un día no que o Planeta Ardora estivo cheo de luz, un día no que florecían as adalas, que así é como se chaman alí as flores, os tulús, os peixes nadaban na ardora que é a auga-luz que da nome ao planeta e que ilumina a moitos seres que alí viven. Naqueles días Ardora podía considerarse un planeta feliz pero todo isto rematou. Alguén comezou a estragar a auga-luz e con ela ao resto da vida, deixando todo enzoufado e noxento. Os pobres ardorianos non sabían que facer nin onde ir e vagaban polo planeta ennegrecido intentando atopar un lugar para empezar de novo cando un pequeno ser, un verme nun curruncho do planeta é quen de devolverlles a esperanza e as forzas para loitar e intentar salvar Ardora. Agora só queda por ver se o conseguirán”.