Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Concedida a autorización para ampliación de horario durante as festas patronais

CONCEDIDA A AUTORIZACIÓN PARA AMPLIACIÓN DE HORARIO DURANTE AS FESTAS PATRONAIS

A Alcaldía solicitou á Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza unha ampliación de horario para os locais de hostalería en xeral con motivo das Festas do Apóstolo Santiago e Santa Ana e as Festas Patronais-2019.

Con data 23 de xullo de 2019 recibiuse a Resolución da Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se CONCEDE a ampliación dunha hora para os locais de hostalería e os espectáculos públicos de Cedeira, para os días 25 e 26 de xullo e dende o día 10 ao 17 de agosto de 2019.

Pode consultar toda a información ao respecto nas seguintes ligazóns:

Descarga PDF Circular Autorización para ampliación de horario durante as festas patronais

Descarga PDF Resolución Autorización para ampliación de horario durante as festas patronais

Aberto o prazo de preinscripción para o cursiño de natación

O prazo de preinscrición estará aberto ata o 29 de xullo.

As prazas cubriránse por riguroso orde de presincrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 30e o 31 de xullo co pago da taxa correspondente e o inicio das actividades serán o 1 de agosto.

(idade mínima nad@s no 2015).

Cedeira celebra Santa Ana con misa cantada, procesión e verbena a cargo de “Johnny Maquinaria”

CEDEIRA CELEBRA SANTA ANA CON MISA CANTADA, PROCESIÓN E VERBENA A CARGO DE “JOHNNY MAQUINARIA”

A festividade de Santa Ana (día 26) é festa local en Cedeira, o que tamén se traduce en celebracións populares e citas musicais.

A xornada arrincará ás 12.00 horas coa celebración da misa solemne cantada pola Coral Eixil. A continuación, sairá a procesión que percorrerá as principais rúas da zona vella co acompañamento músical da banda “Vila de Cedeira”.

A praza Roxa acollerá un concerto co que se porá fin ao programa matinal, aínda que a actividade retomarase pola noite coa celebración da tradicional verbena. Sera ás 22.00 horas e estará amenizada pola orquestra “Johnny Maquinaria”.

O goberno municipal anima á veciñanza e visitantes a desfrutar da primeira xornada festiva das moitas que están por vir durante o verán.