Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

O grupo Musicreques porá en escena este sábado o conto musical “Iván e o lobo gris”

O auditorio municipal de Cedeira acollerá este sábado a actuación do grupo Musicreques, que representará, a partir das sete da tarde, a obra Iván e o lobo Gris.

Trátase dun conto musical no que Iván, o protagonista, “terá que cumprir unha perigosa misión se non quere perder a súa cabeza…”.

O prezo da entrada é de 2,5 euros e a obra está pensada para nenos e nenas con idades comprendidas entre 3 e 10 anos.

Campaña de inverno 2020 – Deputación da Coruña

A área de deportes da Deputación da Coruña organiza, entre o 24 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2020 diversas viaxes á estación invernal de Cabeza de Manzaneda (Ourense) para fomentar a práctica do esquí entre os nenos e as nenas entre os 11 e os 15 anos de idade dos municipios coruñeses.

Datas para Cedeira ( 4ª quenda ): do 14/02/2019 ao 17/02/2019

Prazas: 4

Inscricións: entre o 12 de novembro e o 4 de decembro no rexistro do concello.

En caso de ter máis solicitudes que prazas farase un sorteo público entre as presentadas, tendo en conta que terán prioridade os nenos/as que nunca asistiron a campañas de inverno.

Idade: entre 11 e 15 anos inclusive (cumpridos antes do 31 de decembro de 2020)

As viaxes terán un custo de 85 euros e inclúen transporte, estadía en Cabeza de Manzaneda, clases de esquí, monitores, seguro, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Xornada sobre Santo André de Teixido e os camiños de peregrinación

A xornada sobre Santo André de Teixido e os camiños de peregrinación é unha actividade organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol dentro do proxecto Diagnóstico e paquete de medidas para a promoción do Camiño de Peregrinación de Santo André de Teixido en convenio coa Xunta de Galicia.

Santo André de Teixido constitúe un dos centros históricos de peregrinación máis importantes de Galicia. Ligado ao culto do santo existe un patrimonio inmaterial de extraordinaria riqueza e diversidade, plasmado a través de ritos, lendas, cantigas, tradicións e artesanía. Arredor do fenómeno da peregrinación foise creando ademais unha tupida rede de itinerarios que conducían os romeiros e romeiras ao santuario e un importante conxunto patrimonial asociado como amilladoiros, igrexas, capelas, cruceiros… Todos estes elementos fan dos camiños a santo André de Teixido un recurso cultural e turístico de enorme potencial.

Para reflectir sobre as as posibilidades de valorización cultural e turística destes camiños convidaranse a esta xornada diferentes especialistas en Santo André de Teixido, nas peregrinacións ao santuario e en desenvolvemento turístico. Así mesmo presentaranse as conclusións finais do diagnóstico realizado no marco do presente proxecto.

A xornada celebrarase en sesión de mañá e de tarde o sábado 30 de novembro no Auditorio Municipal do Concello de Cedeira. A inauguración, polo Alcalde Pablo Moreda Gil, terá lugar ás 10 da mañá e a primeira intervención correrá a cargo dun dos maiores especialistas en Santo André, Rafael Usero, cronista oficial de Cedeira.

A actividade será gratuíta e estará aberta a todas persoas que desexen asistir. A inscrición deberá facerse a través dun formulario online (ligazón ao formulario de inscrición). Haberá tamén a posibilidade de reservar un menú especial de 15€ para os asistentes á xornada, no restaurante Vilavella de Cedeira. As reservas deberán facerse no teléfono. 981 48 07 64 (ata o luns 25 de novembro).

Máis información no correo xornadateixido@gmail.com ou no teléfono 981 074 963 (operativo entre 9 e 14h.).

PROGRAMA

MAÑÁ

10:00- 10:30h. INAUGURACIÓN XORNADA. Pablo Moreda Gil. Alcalde de Cedeira.

10:30 – 11:00h. “OS CAMIÑOS DE PEREGRINACIÓN A SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO. NOVAS ACHEGAS. Rafael Usero González. Cronista oficial do concello de Cedeira.

11:00 – 11:30. “O PATRIMONIO XEOLÓXICO NOS CAMIÑOS DE SANTO ANDRÉ”.

Francisco Canosa Martínez. Investigador e doutor en Xeoloxía pola Universidade de Oviedo.

11:30 – 12:00h. PAUSA / CAFÉ

12:00 – 12:30h. “PASADO E PRESENTE DO CAMIÑO FRANCÉS DA COSTA DE SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO”. Xosé Carlos Breijo Rodríguez. Docente, historiador e cronista oficial do Concello de Ortigueira.

12:30 – 13:00h. “O CAMIÑO DE SANTO ANDRÉ COMO RECURSO PATRIMONIAL E TURÍSTICO”. María Elvira Lezcano González. Doutora e profesora da Escola Universitaria de Turismo da Coruña (CENP).

13:00 -14:00 MESA REDONDA. A recuperación dos camiños de Santo André de Teixido.

TARDE

16:30 – 17:00h. “PROBLEMÁTICAS ARREDOR DOS CENTROS DE PEREGRINACIÓN”. Bieito Pérez Outeiriño. Arqueólogo, museólogo, anterior director do Museo das Peregrinacións e de Santiago.

17:00 – 17:30h. “A EXPERIENCIA DOS CAMIÑOS DE SANTIAGO COMO PRODUTOS CULTURAIS E TURÍSTICOS”. Xosé Manuel Santos Solla. Doutor en Xeografía, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e especialista na análise turística do Camiño de Santiago.

17:30 -18:00 PAUSA /CAFÉ

18:00 -18:30h. “CONCLUSIÓNS DA DIAGNOSE SOBRE OS CAMIÑOS A SANTO ANDRÉ

DE TEIXIDO”. César Abella. Director de Trivium ECT.

18:30 – 19:30h. MESA REDONDA. As posibilidades de futuro do camiño de peregrinación a Santo André.

19:30h. CLAUSURA DA XORNADA.