Continúan os obradoiros de memoria
Marta, a monitora dos obradoiros de memoria do Concello, mándanos novas actividades para hoxe
Actividade 1. DESCARGA FICHA 35
Marta, a monitora dos obradoiros de memoria do Concello, mándanos novas actividades para hoxe
Actividade 1. DESCARGA FICHA 35
O Concello de Cedeira ten delegados nos servizos tributarios da Deputación parte do cobro dos impostos municipais. Dentro da crise social, sanitaria e económica que estamos vivindo, entendemos unha necesidade todas aquelas medidas fiscais que favorezan ao benestar das familias do noso concello. Dentro desas competencias a Deputación, xunto cos concellos, tomou a decisión de ampliar en dous meses o período voluntario de pago do imposto de vehículos.
Tras o aprazamento dos prazos de cobro de impostos durante os meses de marzo e abril, a Deputación da Coruña vén de abrir a primeira campaña de recadación voluntaria do ano, que inclúe o imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) en 79 concellos da provincia, entre os que se atopa Cedeira.
O período voluntario de pago comezou o día 4 de maio e remata o vindeiro 1 de setembro, ampliándose en case dous meses con respecto aos prazos habituais co fin de facilitar á cidadanía o cumprimento das súas obrigas tributarias.
O envío de recibos para o pago comezará unha vez levantado o confinamento e o cargo en conta dos recibos domiciliados terá lugar o 31 de xullo.
Para calquera dúbida ou consulta, a Deputación mantén aberto o Servizo de Atención ao Contribuínte a través do teléfono gratuíto 900 132 204 e do correo electrónico atencion.tributaria@dacoruna.gal, así como a Oficina Virtual Tributaria (https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual/) na que se poden realizar trámites, consultas e xestións as 24 horas do día, os 365 días do ano.
Tamén pode solicitarse atención presencial mediante cita previa, que deberá solicitarse por vía telefónica, por correo electrónico ou na web da Deputación.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este mércores o protocolo básico de actuación para a volta aos adestramentos e o reinicio das competicións deportivas federadas e profesionais, no que, ademais de detallarse as catro fases da desescalada, recoméndase ao Goberno que leve a cabo un estudo científico sobre os efectos da actual pandemia e das medidas de confinamento nos deportistas de alto nivel.
O protocolo elaborado polo Consello Superior de Deportes (CSD), establece que a continuación da actividade deportiva farase en catro fases que conducirán aos deportistas federados, profesionais e de alto nivel ata a competición.
Para máis información: