Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Os permisos para queimas poderán solicitarse de novo a partir deste luns

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se levanta, a partir do próximo luns, día 11 de maio, a suspensión de realizar queimas nos terreos rústicos decretada desde o pasado 16 de marzo.

Así, a partir deste próximo luns xa se poderán realizar de novo as comunicacións de queimas en terreos agrícolas e solicitar as autorizacións para terreos forestais, uns trámites que permanecían ata o de agora en suspenso por mor da emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus.

Máis información na seguinte ligazón:

Descarga RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2020 relativa ás queimas de restos agrícolas nos terreos rústicos, en cumprimento do Acordo do Centro de Coordinación Operativa da emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop) do 5 de maio de 2020.

O DOG publica a orde de medidas para a reactivación do transporte público de competencia autonómica en condicións de seguridade para usuarios e traballadores

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe 8 de maio a Orde da Consellería de Infraestruturas e Movilidad pola que se regulan as novas medidas para a reactivación do transporte público de viaxeiros de competencia autonómica en condicións de seguridade para usuarios e traballadores. O texto recolle as medidas que se aplicarán para garantir, en todo momento, a seguridade de traballadores e viaxeiros e facilitar a atención ás necesidades de mobilidade, de acordo á evolución da situación sanitaria.

Máis información na seguinte ligazón:

Descarga ORDE do 6 de maio de 2020 pola que se aproban medidas para aplicar nos servizos de transporte público de viaxeiros de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia.

O grupo de goberno municipal solicita a colaboración para facer unha avaliación para adoptar medidas extraordinarias para a protección e reincorporación do comercio local

O Estado de Alarma decretado polo Goberno o pasado 13 de marzo, debido á pandemia mundial da COVID-19, supuxo a adopción de medidas extraordinarias por parte de todas e todos para protexer a saúde das persoas.

Desde as administracións estatais, autonómicas, provinciais e locais estase a traballar desde o primeiro día para tratar de paliar os efectos económicos e sociais que está a provocar esta situación de emerxencia sanitaria.

No noso concello puxémonos mans á obra, unha vez decretado o estado de alarma, tendo en conta en primeiro lugar aqueles sectores de poboación incluídos nos grupos de risco, tanto sanitario como social, a través de accións como o reparto de mascarillas, compra e reparto de bens de primeira necesidade tanto de alimentación como de hixiene, servizos a persoas necesitadas, limpeza…

Outra das vías abertas desde o inicio,é o estudo do xeito de complementar todas as axudas propostas polo resto de administracións con medidas de carácter local para que o tecido económico e social da nosa vila atope a mellor maneira posible de saír desta situación anómala.

Para tratar de que estas achegas complementarias sexan o máis efectivas posibles e acordes coas distintas situacións que están a vivir os axentes do noso tecido empresarial, desde o grupo de goberno municipal solicitamos a vosa colaboración para facer unha avaliación o máis realista posible.

Unha vez coñezamos as vosas casuísticas e propostas, e consensuándoas co resto da corporación municipal e coas técnicas municipais, poderemos adoptar unhas medidas extraordinarias máis efectivas para a protección e reincorporación do noso comercio local.

Achegamos un enlace a un formulario para que nos fagades chegar a vosa información, pola que anticipamos as nosas grazas.

https://forms.gle/4zXj58FApzuQUGR97