Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

Os Concellos da Mancomunidade acordan adquirir de forma conxunta material de protección fronte ao coronavirus

A escaseza de equipos de protección individual (EPI) contra o COVID19 motivou que onte os representantes municipais na Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol acordaran aproveitar esta entidade para centralizar a adquisición de máscaras.

Na xuntanza telemática celebrada a última hora da mañá, analizouse a situación en canto ao material do que dispoñen a día de hoxe os nove concellos, que, pese aos esforzos que veñen facendo dende o inicio da crise, carecen de suficientes EPIs para satisfacer as necesidades que se van detectando entre persoal sanitario, traballadores de servizos sociais, membros dos equipos de emerxencias e poboación de risco en xeral.

Os asistentes coincidiron tamén en que a pesar do intenso traballo que están a realizar outras Administracións, o material recibido ata agora polos concellos non é suficiente nin proporcional. Ante esta situación, os rexedores acordaron impulsar os trámites para que a Mancomunidade o adquira para os nove municipios, aproveitando a economía de escala e eficiencia de centralizar a xestión neste órgano.

As compras da entidade supramunicipal centraranse nas máscaras do tipo FFP2, que ofrecen unha maior seguridade fronte ao coronavirus que as cirúrxicas ou as FFP1 e que son as que están a demandar principalmente os sanitarios pola súa efectividade.

Suspendese os actos da Festa de San Isidro 2020

Desde a Comisión de Festas de San Isidro e San Fiz de Esteiro de Cedeira 2020 queremos informar a toda a veciñanza que debido á situación que estamos a vivir pola COVID19 e dada a incertidume sobre a posibilidade de poder ter ou non actos conxuntos próximamente, e poñendo como prioridade a saúde de todas e todos vos, tomamos a decisión de suspender os actos da Festa de San Isidro 2020.

Queremos tamén informar a todas aquelas persoas que teñan rifas mercadas para esta festa con data para o sorteo do 17 de maio, que si a ONCE tivera retomados os sorteos nesa data mantense todo igualmente, e no caso de que sigan en suspenso anunciaríase nova data para facelo, polo que, por favor, gardade as vosas rifas.
Seguiremos traballando para que, se as circunstancias o permiten, poidamos vernos e bailar xuntos polo San Fiz de Esteiro.