Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

NOVAS

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA OS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS DE VERÁN DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA 2024

As inscricións poderán realizarse ata o 28 de maio no noso concello, ao cal correspóndelle a quinta quenda (21 de xullo ao 26 de xullo).
Os campamentos están destinados a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos de idade e desenvolveranse no IES Rosalía Mera da Deputación, situado na cidade da Coruña. O prezo do campamento é de 85 euros, que inclúe transporte, estadía e manutención, así coma o gasto das actividades.
Terán preferencia os rapaces/as que non participasen no campamento deportivo da Deputación en edicións anteriores. (Realizarase o sorteo, no caso de ser preciso, nos dous días seguintes á ¬finalización do prazo de inscrición).
Durante as xornadas de campamento, a rapazada participante poderá gozar de deportes náuticos, actividades ao aire libre, excursións á praia e visitas culturais, deportivas e etnográficas en zonas de interese na provincia da Coruña. As actividades e xogos buscarán en todo momento fomentar a comunicación, o intercambio de experiencias, a convivencia e o respecto polos demais.

Solicitude campamentos deportivos 2024

Ficha de inscrición campamentos deportivos 2024

DEBER DE CONSERVACIÓN DE TERREOS SITUADOS EN SOLO URBANO

Coa finalidade de manter os terreos e solares libres de maleza, residuos e en condicións axeitadas de salubridade, seguridade e ornato público, o concello lémbralle ás persoas propietarias destas parcelas as súas obriga en relación á normativa vixente.

Así mesmo, de non cumprir o indicado, o concello tramitará as correspondentes ordes de execución coa imposición, de ser o caso, de multas coercitivas.

Pódese descargar o bando na seguinte ligazón:

Descarga bando DEBER DE CONSERVACIÓN DE TERREOS SITUADOS EN SOLO URBANO

O CONCELLO DE CEDEIRA PROMOVE UN CURSO GRATUÍTO DE SERVIZO DE BAR E CAFETERÍA PARA PERSOAS DESEMPREGADAS

O Concello de Cedeira organiza, a través da Concellería de Promoción Económica e Emprego, un curso de formación en “Servizo Bar-Cafetería” dirixido a capacitar a persoas desempregadas para o traballo no sector da hostalería. O programa é totalmente gratuíto e ten aberto o prazo de matrícula, ata cubrir por orde de inscrición un máximo de vinte prazas.

As clases impartiranse na Confraría de Pescadores a partir do 31 de maio, de luns a venres en horario de 16.00 a 21.00 horas. Serán un total de 110 horas teórico-prácticas nas que as persoas participantes aprenderán todo o relacionado co servizo á clientela nas mesas ou na barra, a preparación e presentación das diferentes bebidas, afondando específicamente nos viños, cuestión vencelladas á xestión dos negocios de hostalería e normas de seguridade e hixiene. O programa contará tamén cunha plataforma de teleformación na que o alumnado deberá completar outras dez horas de formación.

As persoas interesadas poden inscribirse a partir deste luns, día 13, a través de Whatsapp, enviando unha mensaxe ao 697 479 710, ou ben enviar un correo electrónico a noel.lopez@cedeira.gal.