Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MOCIDADE

Aprobadas as convocatorias das liñas de axuda PEL RELEVO e PEL RURINNOVA 2020

O Boletín Oficial da Provincia publicou na súa edición de hoxe a aprobación das seguinte convocatorias de subvencións e axudas públicas:

PEL 2020 PEL RURINNOVA Mocidade Emprendedora

Estas axudas van dirixidas a aquelas empresas e empregadoras que realicen contratacións indefinidas de persoas mozas da provincia da Coruña, empadroadas en concellos con poboación igual ou inferior 5.000 habitantes ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo e rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

PEL 2020 PEL RELEVO creación de emprego para a mocidade.

Estas axudas van dirixidas a persoas mozas da provincia da Coruña, empadroadas en concellos con poboación igual ou inferior 5.000 habitantes ou de 5.001 a 10.000 habitantes con saldo demográfico negativo e rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil que promovan iniciativas empresariais de nova creación incorporadas ao réxime de autónomos como persoas físicas ou como persoas xurídicas desde o 1 de abril de 2019.

 

Nas seguintes ligazóns pode acceder á publicacións no BOP:

IR Á LIGAZÓN Publicación no BOP da convocatoria da liña de axudas PEL 2020 PEL RELEVO creación de emprego para a mocidade

IR Á LIGAZÓN Publicación no BOP da convocatoria da liña de axudas PEL 2020 PEL RURINNOVA mocidade emprendedora

Cedeira ofrece aos visitantes Roteiros guiados e gratuítos para que coñezan mellor o municipio

“Descobre Cedeira” é o lema do programa de visitas guiadas que o Concello de Cedeira ofrece a quen queira coñecer mellor un municipio con lugares de interese etnográfico, cultural e paisaxístico.

Roteiro dos Tesouros, Roteiro de Santo André de Teixido e Roteiro da Vila son os nomes que serven para identificar tres percorridos con características moi diferentes. Así, mentres que o primeiro vai do paseo marítimo ao faro da Robaleira, o segundo achega os visitantes á Galicia máis tradicional e salvaxe. O terceiro, pola súa banda, toma como referencia o casco vello da vila para pasear ata a capela de San Antón, o xacemento arqueolóxico do Sarridal e mesmo o castelo da Concepción.

A programación, que deu comezo na primeira quincena de xullo, prolongarase ata o día 17 de setembro. As persoas interesadas deben dirixirse á oficina municipal de Turismo (981 482 187) ou ben mandar un correo electrónico á seguinte dirección: mar.lópez@cedeira.es.

A participación é gratuíta e a dificultade dos desprazamentos -todos a pé- entre baixa e media. As distancias a percorrer oscilan entre os 18 quilómetros (ida e volta a San Andrés) e os 6 ou 7 das outras dúas saídas. Os roteiros comezan ás 10.00 horas.

As saídas do Roteiro dos Tesouros están previstas para os días 28 de xullo, 11 e 25 de agosto e 8 de setembro. Pola súa banda, as que levarán aos viaxeiros ata o santuario de Santo André serán os días 30 de xullo, 6, 13, 20 e 27 de agosto e 3, 10 e 17 de setembro. O Roteiro Vila de Cedeira terá lugar os días 4 e 18 de agosto e 1 e 15 de setembro.