Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

MEDIO AMBIENTE

INFORMACIÓN PÚBLICA RELATIVA AO PROXECTO “ACTUACIÓNS NA MORFOLOXÍA NA PRAIA DA MADALENA EN CEDEIRA, T.M. DE CEDEIRA (A Coruña)”

Redactándose o proxecto de “Actuacións na morfoloxía na praia da Madalena en Cedeira, T.M. de Cedeira (A Coruña)” e o seu correspondente Estudo de Impacto ambiental (número de expediente 15-0810), de conformidade co disposto no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o artigo 45 da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de Costas e o artigo 98 do Regulamento Xeral de Costas aprobado mediante Real Decreto 876/2014, do 10 de outubro, sométense a información pública, durante un prazo de TRINTA (30) días hábiles a contar desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Esta actuación atópase sometida a avaliación de impacto ambiental ordinaria, tendo como promotor e órgano substantivo á Dirección Xeral da Costa e o Mar, adscrita á Secretaria de Estado de Medio Ambiente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Dita documentación poderá consultarse en días hábiles e en horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, nas oficinas da Demarcación de Costas en Galicia, rúa San Pedro de Mezonzo 2 baixo – 15004 A Coruña, previa petición de cita en bzncostasacoruna@miteco.es ou no teléfono 981 30 38 99, nas dependencias do Concello de Cedeira ou na dirección web https://www.miteco.gob.es/es/costas/participacion-publica/15-prol-150810. aspx, onde se atopa a disposición #a fin de que calquera persoa ou entidade poida presentar as observacións ou alegacións que estime oportunas dentro do prazo citado, segundo os mecanismos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, dirixidas á mencionada Demarcación de Costas de Galicia e citando as referencias que aparecen neste anuncio.

Descarga PDF

O CONCELLO RECORRE A DÚAS EMPRESAS EXTERNAS PARA AXILIZAR A CAMPAÑA DE DESBROCES

O Concello de Cedeira contratou os servizos de dúas empresas alleas para axilizar a campaña de desbroces nas pistas da zona rural, na que traballan tamén as brigadas municipais con dous tractores. O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, explicou que con esta medida aumentan a catro as máquinas que están traballando a pleno rendemento para retirar a maleza que medrou rapidamente nas últimas semanas. “Todos estes medios están empregándose a fondo para chegar a todas as zonas”, dixo o alcalde.

Recordou ao fío disto o alcalde que o goberno local está a tramitar unha modificación de crédito coa que se vai adquirir un tercer tractor con brazo desbrozador para o parque municipal. Con el será posible para o Concello chegar a máis zonas do municipio en menos tempo cando medra a vexetación e ser máis eficientes, polo tanto, nestas campañas necesarias para manter limpos os camiños e previr incendios forestais.

O Concello contratou os servizos das empresas de Daniel Grandal Picos e Juan Carlos Mallo para levar adiante estes desbroces, cun importe que suma 11.906,4€ (IVE incluído). Os traballos se están a desenvolver xa na parroquia de Montoxo e van abranguer tamén desde a A Acea cara a zona de Santalla.