Skip to content Skip to left sidebar Skip to footer

DEPORTES

ABERTO O PRAZO DE PREINSCRIPCIÓN PARA OS CURSOS DEPORTIVOS DE VERÁN 2022

Ata o 19 de xuño atópase aberto o prazo de preinscrición para as actividades de verán 2022 que o Concello organiza no polideportivo municipal, durante o mes de xullo.

As prazas cubriranse por riguroso orde de preinscrición ata cubrir o cupo. A confirmación da praza deberá realizarse entre o 22 e o 26 de xuño e o inicio das actividades serán o 1 de xullo.

As actividades que se ofertan son:

Adult@s

  • Pilates
  • Aquagym
  • Ximnasia de mantenemento
  • Natación

Recomendase a preincrición a través de:
teléfono 981 482 633
Correo: polideportivocedeira@gmail.com

O CONCELLO ACOMETE UNHAS OBRAS URXENTES DE REPOSICIÓN DE PARTE DA CUBERTA DO POLIDEPORTIVO

O Concello de Cedeira acaba de contratar unhas obras para a substitución de parte da cuberta do ximnasio do polideportivo municipal, co obxectivo de resolver o problema de filtración de auga que se está a producir nesta parte da instalación. Desde o goberno local informan de que a actuación ten un orzamento de preto de 8.500€ e a actuación se está a executar xa, de maneira urxente, para evitar maiores problemas.

A empresa Ben-Ferreiro acomete a actuación, que consiste na desmontaxe da cuberta e o caleiro actual do ximnasio, o subministro e montaxe dun novo caleiro en chapa de aluminio e subministro e montaxe da cuberta en chapa prelacada, incluída unha parte de doble capa translúcida.

O polideportivo municipal de Cedeira é unha instalación con 30 anos de vida na que o Concello executa habitualmente diferentes obras de mantemento. Estase a tramitar, a maiores, unha intervención valorada en 187.000€ que se vai acometer a través dun convenio de colaboración coa Deputación da Coruña e que vai consistir na reposición do pavimento da pista polideportiva e as zonas anexas e a instalación dun novo marcador.

A PISCINA MUNICIPAL DE CEDEIRA TEN INSTALADO E FUNCIONANDO O NOVO SISTEMA DE DESHUMECTACIÓN

A empresa adxudicataria completou a instalación e posta en marcha do novo sistema de deshumectación da piscina municipal de Cedeira, unha obra que se contratou en novembro pasado por un presuposto de 38.280€ (IVE incluído). Desde o goberno local destacan que se trata dun equipamento importante para evitar a proliferación de mofos ou fungos e que, de feito, cumpre cunha estrita normativa sanitaria dirixida a garantir a salubridade das instalacións.

A empresa Termocalor Vigo foi a encargada de subministrar o equipamento. No contrato incluíase tamén o selado e a retirada dos vellos equipos de deshumectación, cuxo estado fixo que no seu momento o Concello optase polo cambio en lugar da reparación.

A piscina municipal de Cedeira é unha instalación cun alto número de usuarios e usuarias, que ademais de a baño libre poden optar por asistir a actividades dirixidas, como son os cursos de natación, aquagym, saúde na auga, natación para embarazadas ou para bebés.